QUEIXA
Queixase Aguirre, non lle falta razón, de que a cúpula do PP protexe a Rita Barberá, mentres que a ela a abandona e a deixa sola ós pes dos cabalos. A caída da lideresa era inevitable. Sempre presumiu de limpeza, deulle demasiado a sen oso, a súa incontinencia verbal e prepotencia e crítica coa cúpula, ela quería impoñela súa vontade en todo, valéronlle moitos inimigos dentro do PP, Cospedal era a mais salientable. A corrupción, nepotismo e destrución do público era marca Madrid dende o principio do seo goberno. Logrou a Presidencia de Madrid co Tanayazo, controlou, polo miúdo tódolos axuntamentos de Madrid e a financiación do partido. A política sanitaria, a educación, a dependencia, os contratos, incluso Caixa Madrid, eran cousa súa, aínda que outros foran os actores, polo que tamén levaban a súa tallada. Dicir agora que ela non sabía nada, é unha burla.
0 comentarios