Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

FALTALLES REPRIS E TESTICULINA

 

 A política neocons, da dereita en xeral, aproveita calquera oportunidade pra atacar calquera modo ou dereito de vida libre. Diante de esta situación, as organizacións democráticas están como aletargadas e reaccionan con lentitude e timidez.ten que ser a sociedade civil a que, desorganizadamente, presente batalla, e con sorte as organizacións políticas e sociais súmanse á acción. Salvo contados caso, ningún personaxe, nin organización pública reaccionou o encarceramento dos titiriteiros.os sindicatos seguiron coa súa ausencia, as organizacións culturais seguiron nos seu cenáculos privados, solo persoas individuais racionaron de inmediato.   Ningún dos principais partidos con representación no Congreso condenou de xeito rápido e contundente o atropelo perpetrado pola Fiscalía e o xuíz Ismael Moreno. E iso que estabamos ante unha escalada contra as liberdades arbitraria e surrealista, propia dunha novela de Kafka ou dos anos máis negros do estalinismo e da inquisición. O portavoz do PSOE, Antonio Hernando, sostivo o día logo das detencións a súa conformidade coa decisión xudicial. Dicíao mostrando a tradicional incapacidade dos socialistas por manter discurso propio e facer fronte á propaganda neocon. Esperanza Aguirre lanzouse desde o primeiro momento á yugular do asunto, sen importarlle as consecuencias sobre a vida de dúas persoas. Atrevéronse ata a denunciar a Celia Mayer, concelleira  de Cultura, como colaboradora de enaltecer o terrorismo. Falta testiculina

0 comentarios