TEIMOSÍA
Fai bastante tempo que Feijoo anulou o concurso eólico do bipartito pra favorece-los seus. Dende aquela non deixou de recibir sentencias en contra, pero a Xunta, seguindo a folla de ruta do PP, non fai mais que apelar e enguedellar o asunto con tal de non cumpri-la sentencia e paga-las cuantiosas indemnizacións. Aquel foi un dos moitos casos de prevaricación e corrupción de Feijoo. As corrupcións e as prevaricacións non recaen sobre o actor e o seu patrimonio, co cal anima a que os roubos e as prevaricacións sigan. A Xunta de Feijoo suspendeu aquel concurso eólico nada máis chegar ó poder. Argumentou para iso o difícil encaixe que tería nun anteproxecto de lei que non entrara en vigor aínda. Fíxoo despois de vencer nunhas eleccións nas que aquel concurso eólico e o irreal conflito lingüístico foran as súas principais armas electorais, tamén suspendera unhas oposicións pra amañálas o seu xeito. De todo o que fixo de n ad respondeu. A súa foi unha plácida lexislatura cunha morna e deslabazada oposición mais preocupada das súas cousas que do goberno
0 comentarios