Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COLADO O CREACIONISMO

COLADO O CREACIONISMO

  Á Xerarquía eclesiástica correspóndelle sinalar os contidos do ensino, si queredes adouctrinamento, será de oferta obrigatoria pros centros. A miúdo atópose a xente que cre que España é un Estado laico. Bótase as mans á cabeza con estas cousas. Con todo, temos que afrontar a realidade: España NON é un Estado laico, é un Estado aconfesional, que non é o mesmo. Nun Estado laico a separación sería tallante e sería imposible que ocorresen influencias oficiais deste tipo, non obstante o artigo 16 da nosa Constitución, tras proclamar altivo que en España temos liberdade relixiosa e que ninguén será queimado por herexe como en tempos pasados, outorgase privilexio a  iglesia apostólica e romana, que se adoitaba engadir en tempos do xeneralísimo, por encima doutras confesións relixiosa. Un choio que para si  quixesen outras ducias de relixións. Aínda así, e entrando neste tipo de accións dentro do que cabe esperar dun goberno de dereitas e católico sen concesións, o máis preocupante de todo é o creacionismo que rezuma todo o texto e que, ó cabo será a base pola que se examine e puntúe ó alumno. Ofrécese ó alumno a resposta á orixe do universo e todo canto nil hai, creado por un Deus omnipotente, omnipresente e omnisapiente. Tamén vingativo. 

0 comentarios