Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PRIMEIRO MITIN

 

 

   A intervención Sánchez no discurso de investidura podía ser  o primeiro mitin da campaña electoral que se aveciña de Pedro Sánchez. O xogo consiste en adivinar que pretende. Sabe que non vai consegui-los apios necesarios, e hai dúas posibilidades: que intente xustificar diante da militancia e os electores un futuro apoio a Rajoy, o que explicaría a tranquilidade do PP, ou poñer contra as cordas a Podemos, pra deixalos en mal lugar diante do seu electorado e facerse coa clientela que consideraba súa, pra iso lle fixo o xeneroso ofrecemento dunhas tixolas vellas e uns pucheiros rotos da mugrenta cociña que compartía co PP. Por suposto vaguidades e incongruencias pensadas no pacto e no PP, que non deixa de velo como o seu aliado natural  

0 comentarios