Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

VEXACIÓN

  Ningunha muller dicide abortar por pracer. Detras de cada decisión de interrupi-lo embarazo hai un drama, que solo as interesadas coñecen. É petulante e ofensivo que organizacións ultras as xulguen e as presionen pra impoñe-lo seu credo. Ten que haber unha serie de dereitos e os que os violen, en base a supostas crenzas relixiosas, teñen que responder delo. Nos hospitais públicos de Galiza as mulleres non teñen garantido o dereito ó aborto, teñen que abortas solas, na Soedade dunha habitación sen asistencia sanitaria. Todo isto é política do PP, que se pasa polo forro a existencia dun delito de auxilio e dos dereitos das mulleres a asistencia sanitaria. Os médicos alegan obxeción de conciencia,  mentres en clínicas privadas a conciencia se lles esquece, o cal demostra que a conciencia é cuestión de cartos. Si o SEERGAS quere garanti-los dereitos tería que contratar médicos especialistas e pagarlles adecuadamente; así acabaríase esta tomadura de pelo.

 

0 comentarios