Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CARA ADIANTE

 

  Con sumo coidado e xenerosidade, a oposición a Feijoo ten que afrontalos vindeiros comicios autonómicos; non se trata de dividir, senón de sumar. Hai un inimigo común, que xoga sucio; o mesmo lle da utiliza-los medios de comunicación como incluso a xustiza; ten avezados caciques pra espallar rumores, onde outros medios non chegan.  Pouca xente no noso país entendería a dispersión de cara a participar nas vindeiras eleccións galegas restando forzas, uns a outros. É difícil, pero a proposta sería a unión con único discurso; pois é moito mais o que nos une que o que nos separa. Unidos, a pola gaivota. Mais importante que a pureza ideolóxica dun soño nacionalista é o país e a súa xente no PP non hai escrúpulos pra alcanzalos seus fins

 

0 comentarios