Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MALA CALIDADE


  
   A OCU afirma que, na actualidade e en liñas xerais, a calidade de leite é peor que a analizada fai dez anos. Este feito podería ter a súa causa en que as esixencias da lei relaxáronse. O descenso da calidade afecta ás calidades nutricionais e composición do leite. O uso de leite con elevada antigüidade (proteínas degradadas); a necesidade de engadir produtos pra enmascara-lo leite e outras manipulacións. Fan que algúns destes resultados poden cualificarse como fraude.  Do estudo da OCU despréndese que no mercado hai leites de boa e mala calidade, ademais, moitas cadeas de alimentación ofrecen un prezo económico deste alimento porque saben que é un bo reclamo para os clientes.  No estudo de OCU, que encabeza  Pascual, como leite de mello calidade, hai un raking é o leite coa mellor cualificación (80 sobre 100), seguida por Hacendado, Consum, Kaiku, Galega, Deleite e Carrefour, sendo Muu a que mellor relación calidade-prezo presenta, todas elas por encima dos 70 puntos. Tamén hai neste grupo, outras marcas galegas. No outro extremo da táboa temos as dez marcas que OCU recomenda non comprar, con notas que non superan os 30 puntos sobre 100 e que son, de mellor a peor, Altamita, Carrefour Discount, Condis, O Castelo, Llet Nostra, Puleva, RAM, Reny Picot, Rio, todas elas con 30 puntos, ademais de Polesa, que ocupa a última posición con só 10 puntos. Culpa das autoridades administrativas, que non da información ó consumidor  permiten a importación de leite estranxeira, da que  se desprenden as industrias doutros países, ó sobrepasar o número de reciclaxes e non ter calidade, en definitiva, hai un fraude que administración consinte
 

MA

0 comentarios