GRAN HONOR
O ex presidente José María Aznar foi considerado pola revista Foreign Policy como un dos cinco peores ex presidentes do mundo. O honroso título, que comparte con Olesegun Obasanjo (presidente de Nixeria entre 1999 e 2007), Joseph Estrada (presidente de Filipinas entre 1998 e 2001) e Thaksin Shinawatra (primeiro ministro de Tailandia. A revista cita en primeiro lugar como actitude merecedora do título de ?peor presidente? a postura de Aznar durante o 11-M, cando ?tratou de culpar dos atentados en Madrid á banda terrorista ETA cando en realidade eran levados a cabo por extremistas islámicos coa esperanza de castigar a España polo seu apoio á impopular guerra de Iraq?. Desde entón, continúa a publicación. Aznar distinguiuse principalmente pola extremidade da súa retórica. Ás consideracións posiblemente racistas do ex presidente, tamén son un mérito para entrar nesta exclusiva lista. A súa brillante idea de que os musulmáns se desculpen pola invasión de España, a súa opinión sobre o diálogo interrelixioso, as súas peculiares observacións sobre a elección de Barack Obama como presidente de EEUU. E iso non é todo. A revista tamén fai referencia á defensa de beber alcohol (viño) ata si vaise a conducir, en contra de todas as campañas de tráfico do mundo.
0 comentarios