Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SORIA, ESE HOME

Non teñades pena, xa está preparado o berce en REDE  ELECTRICA pra recibir a un dimitido Soria. En algo se tiña que nota-los moitos privilexios que lles otorgou as eléctricas.  A caída foi consecuencia de que o PP o abandou e das moitas mentiras e contradicións en que incorría. Esixe certo esforzo crer na teoría da suplantación de Soria. Esixe mesmo acordarse da invasion dos ultracuerpos, aquela película de terror de Don Siegel. Puido ocorrerlle algo parecido a Soria mentres durmía. Pensabamos que o seu dobre era José María Aznar, a conta o asombroso parecido físico, ata ideolóxico, pero a teoría do ministro implica que o seu papel executivo nunha sociedade de Bahamas e noutra británica ,as dúas co mesmo nome, UK Lines, e coa súa sinatura,  proveñen dunha falsificación identitaria   Pero pensar que a súa marcha vai traer cambios, sería un error. A política enexétca e industrial é d PP, Soria solo foi un entusiasta peón. 

0 comentarios