Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

Exhumación do Pelegrín

Exhumación do Pelegrín

 

  José García, O Pelegrín, era natural de Becerreá. Pouco despois da guerra, con 21 anos, foi asesinado polos falanxistas no monte da Reteixeira, entre As Cruces e A Alence (As Nogais). Cando chegaron  Reteixeira, na parroquia de Torés dixéronlle que botara a correr monte abaixo, que si conseguía escapar sería libre. Os falanxistas non tiñan intención de deixalo libre, senón utilizalo pra facer unha competición de tiro ó branco. Parece que foi o cura de Agüeira quen, xeonllo en terra logrou darlle, pero non morreu  como consecuencia do dispar0. Castrárono vivo. O destacamento de soldados destacados en Torés recolleron o corpo e entregáronllo o Alcalde Pedáneo de Torés, pra logo soterralo no cemiterio parroquial. Os falanxistas eran un grupo de criminais dos arredores de Becerreá, culpables de asasinatos, violacións e abusos. Dise que pola zona Ancares asasinaron a un home e logo, despois de viola-la muller xogaron o  fútbol coa súa cabeza. O delito de Perigrin participar nunha algarada de rapaces que terminaron prendéndolle lume a unha capela, que non chegou a arder. O Peregrin prendérono na casa de Roxais,  onde se escondía mais seguro  que fora delatado, entre a xente había medo e colaboracionistas. Foi exhumado por membros da Asociación da Memoria Histórica, a petición dunha descendente. O afán de protagonismo xerou curiosas historias a mais curiosa, e que foi real, foi a de Xesús, que viña pra Torés e, o velos, agachouse nunha silveira; con tan mala sorte que se puxeron a descansar ó lado onde estaba agochado, dende alí, cun terrible medo, escoitou os comentario da súa fazaña.              

0 comentarios