Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MASACRE

 

 Miles de cristiáns son masacrados impunemente nos países árabes, non solo coa pasividade de occidente, senón coa súa complicidade.  Non hai pais árabe no que os cristiáns, polo solo feito de selo, non sexan hostigados, agás Siria. Curiosamente este país leva anos sufrindo as agresións dos países occidentais, liderados por Israel que usan o EI e guerrillas tribais pra incendiar Siria de vinga-la prohibición ó paso dun gasoduto por Siria pra transporta-lo petróleo roubado en Oriente Medio. Os cristiáns teñen prohibido construír airexas.os musulmáns en occidente poden facer o que lles da a gana. Dentro destes países  a situación dos cristiáns, que conforman unha minoría, d mesmo é terrible e moi difícil, aseguraba o pai Michael P. Ou'Sullivan, administrador financeiro do Vicariato Apostólico de Arabia do Sur, que se ocupa dende a súa sede en Dubai (Emiratos Árabes Unidos), doutros países do Golfo como Omán e Iemen. "Na actualidade seguen existindo igrexas en Iemen. Temos cinco sacerdotes alí, -dixo- aínda que un deles, desgraciadamente, foi secuestrado, pero cremos firmemente que segue con vida". Refírese ao pai salesiano Tom Uzhunnalil, que foi secuestrado o pasado 4 de marzo en Adén (Iemen). Preocupémonos dos refuxiados, o fin é un problema que creamos, e deixemos a estas persoas abandonadas.

 

0 comentarios