Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UNHA ALERTA

UNHA ALERTA

  Ó longo dás vindeiras datas quero facer público o estudo elaborado por espertos sobre a situación dá sanidade en Galicia;  porque un día espertaremos, cando nada teña remedio, e sufriremos as consecuencias do que está facendo Feijoo. O goberno presidido por Núñez Feijóo está a aplicar, desde a súa chegada ao poder en Galicia o ano 2009, unha estratexia deseñada para desmantelar a Sanidade Pública e xerar espazos de negocio para as empresas privadas a expensas do diñeiro público. Nestes últimos anos o goberno galego aplicou unha severa redución dos orzamentos sanitarios e fixo recortes profundos na dotación de persoal e camas hospitalarias; paralizou o Plan de Mellora  e desmantelou a Atención Primaria; aplicou medidas privatizadoras nos hospitais así como en moitas áreas sanitarias que pasaron a mans privadas; tamén previron implantar as Unidades de Xestión Clínica que poñerían a disposición das empresas a actividade asistencial, o núcleo duro da sanidade. 

0 comentarios