Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MAIS ALÓ DAS VACAS

MAIS ALÓ DAS VACAS

  As imaxes da morte, por abandono, de vacas en granxas de Friol, Chantada e Boiro, non son casos aillados, son síntomas da doenza do agro galego. Son imaxes dunha dureza estrema que a calquera ser humano lle  impactan. Mais pudemos ver con que lixeireza se xuzga ós donos dos animais, como unha alta autoridade da Xunta fala das posibles axudas que evitarian que esto sucedera, pura propaganda que solo pode crer o que descoñece a realidade. Xa está ben de intentar esconde-la realidade. Os que viven do campo: gandeiros, vendedores de pensos, vendedodres de maquinaria, recolledores de leite, etc,saben das traxedias que alí se viven. Os que coñecemos o  rural sabemos que os animais forman parte da familia; por esa razón intuimos que algo gravísimo tubo que ocurrir pra que esto suceda. Non podemos caer na simpleza de acusar dun delito o gandeiro. Sin quitarlles os gandieros a posible responsabilidade dos feitos, hai que ir ó fondo do asunto, e ofrecerlles asistencia sicolóxica, ver cal é a responsabilidade dos gobernantes, que consinten o fraude do leite. Doe ver o divorcio  entre a cidade e o campo; como uns ignorantes xulgan os feitos e xa culpan a vitima. Xa houbo varios suicidios de gandeiros, agobiados polas debedas, feitos curiosamente silenciados. Dende as imaxes das traxeias, cerraron 270 granxas, o campo sigue a mesma estela da industria, da pesca, da sanidade pública, do naval, etc. Galiza é un país en liquidación, algunha resonsabilidade terá Feijoo, digo eu

0 comentarios