Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ALERTA 3

     Recortes de persoal: Esta partida representa o 34.5% do gasto sanitario, que é un 24,5% inferior á media estatal; isto sitúa a Galicia no penúltimo lugar do Estado, só superada por Catalunya. O ano pasado Galicia foi a CCAA que máis recortou no capítulo de persoal, un 30.67%, fronte a unha media do 7.9% do Estado. Esta redución afecta aos traballadores sanitarios, con descensos brutais en prazas e salarios e aumento da precariedade laboral. A partida de persoal baixou un 21% desde 200. En total Galicia perdeu 1.795 prazas na Sanidade Pública, pasou do 43.15% do total do gasto sanitario ao 34.5% neste ano. Eliminaron 513 prazas de medicos: 392 en AP (69.2%) e 121 en hospitais (30.8%). Recortaron 184 prazas de enfermería hospitalaria e 1.121 prazas de persoal non sanitario: isto é consecuencia da cesión de servizos a empresas privadas que teñen persoal propio. Moitas tarefas realizadas por empregados públicos pasan agora a ser desenvolvidas polas empresas concesionarias (central de chamadas, logística, mantemento, cociña, etc). Estas medidas de recorte tan extremas producen unha merma na calidade asistencial e ata representan un risco para os doentes. Sabemos que o persoal sanitario non pode ser substituído por máquinas, e hai evidencias contundentes de que a redución do persoal de enfermería nos hospitais por baixo de certo nivel asóciase a incrementos da mortalidade hospitalaria.  Recorte en camas: Entre 2010 e 2014 eliminaron 447 camas hospitalarias públicas en Galicia. Pasamos de 8.010 a 7.563, a pesar do elevado e progresivo incremento das listas de espera e da conxestión permanente dos servizos de urxencias.  Suspensión do Plan de Mellora de AP: No Plan de Mellora de AP impulsado polo goberno progresista (2005-2009) estaba prevista a construción de novos Centros de Saúde e a creación de prazas de persoal. Dos 66 centros previstos só se suscita a construción de sete. Tamén deixaron de crear prazas de sanitarios, o que representa a perda de 193 prazas de Medicina de Familia e 385 de enfermería

0 comentarios