Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UNHA ALERTA nº 2

UNHA ALERTA nº 2

 

    Retomamos a situación da sanidade en Galiza facéndonos eco do informe da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) que en un informe remitido ó medios tacha de dramática a situación da sanidade pública gallega. Punto por punto os  pasos dados polo Goberno de Núñez Feijóo en materia sanitaria sinala que a redución do orzamento sanitario público: Representa o 30.4% do gasto público da CCAA. Baixaron o orzamento sanitario un 18.3% desde 2009, e un 10.2% respecto ao ano pasado. Galicia é a CCAA que fixo o recorte máis severo. A maior redución aplicárona en Atención Primaria (AP) cun 22.3% menos que no  ano 2009. Respecto ao ano pasado a redución é de 25.3%. O recorte foi moito menor no nivel hospitalario (un 0.2% de recorte respecto de 2009, e un crecemento dun 2.9% respecto ao ano pasado. Esta  diferenza deixa claro que o goberno de Núñez Feijóo aposta por potenciar o modelo hospitalocéntrico e o uso intensivo de alta tecnoloxía (Galicia xa é a CCAA que máis RMN realiza); isto beneficia ás multinacionais farmacéuticas e da tecnoloxía sanitaria, en detrimento de as actividades de prevención e promoción da saúde que deben realizarse en AP (segundo as recomendacións da OMS). Este diferenza deixa claro que o goberno de Núñez Feijóo aposta por potenciar o modelo hospitalocéntrico e o uso intensivo de alta tecnoloxía (Galicia xa é a CCAA que máis RMN realiza); isto beneficia ás multinacionais farmacéuticas e da tecnoloxía sanitaria, en detrimento de as actividades de prevención e promoción da saúde que deben realizarse en AP (segundo as recomendacións da OMS).

0 comentarios