Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

-Privatización de hospitais:

 

  Pra  construción do novo hospital de Vigo (H. Álvaro Cunqueiro) utilizaron o modelo de Colaboración Público-Privada, o que representa un incremento no custo,camas  que pasa de 450 a 1.400 millóns de euros, á vez que reduciron as operativas (de 1.230 a 850), recortaron os quirófanos nun 31.4%, as camas de UCI nun 25.5%, a superficie de Urxencias nun 55.5% e os servizos de Radioloxía nun 45%. A empresa concesionaria, coa complicidade do Sergas, recortou en servizos, consultas, superficies, equipamentos, calidade dos materiais, nos accesos e nas prazas de aparcadoiro (que deberán pagar tanto traballadores como usuarios). O hospital, desde a súa apresurada inauguración, acumula problemas e conflitos, que poñen en risco a calidade da atención, a actividade asistencial e mesmo a seguridade dos pacientes. A Xunta xa licitou, por terceira vez, a ampliación e xestión privada do hospital de Ourense (CHOU, que dirixe unha curmá de Núñez Feijoo), e mellorou as condicións á empresa concesionaria -integrada por ACS, Indra e A Caixa-, en 41 millóns de euros. Tamén adxudicou a ampliación do hospital de Salnés á multinacional Cofely-Suez que, xunto coa Caixa, posúe o fondo de inversion ?Hisusa holding?, que é propietario da aseguradora Adeslas. -Renovación do concerto singular co hospital privado Povisa de Vigo, que presta atención a case 140.000 persoas da área (Península de Morrazo, Valmiñor e polígono de Coia en Vigo). Pola utilización de 403 camas neste hospital o Sergas paga un imposto anual de 75 millóns de euros (despois da última renovación e mellora do concerto, asinado cando era conselleira Rocío Mosquera, que foi alto cargo na empresa propietaria de Povisa). -Privatización do Laboratorio Central de Galicia, que foi adxudicado a unha UTE integrada por Laboratorio Cerba, Laboratorio Lema e Bandín. Esta empresa realizará máis de 600 probas analíticas e xenéticas, a expensas do desenvolvemento dos laboratorios dos hospitais públicos (que poderán pechar progresivamente como en Vigo) e dos seus profesionais. Esta decision pon a disposición duns multinacional datos moi sensibles da poboación galega (como o VIH e outras enfermidades). -Continuidade da empresa de xestión privada Galaria S.A., co que incumpren o compromiso do Sergas de rescatar os servizos asistenciais como a Radioterapia, o Medicamento Núclear/PET e a Resonancia Magnética (RMN) para integralos no novo hospital. O propio Consello de Contas denunciou o abuso de exploracións de TAC e RMN (a taxa de RMN supera nun 50% a media do resto do Estado). -Privatización da alta tecnoloxía por medio da figura do ?socio tecnolóxico?. Esta modalidade de contratación permite que as mesmas empresas que fabrican os aparellos tecnolóxicos poidan controlar cales son os equipos que deben adquirir os hospitais, fixar o seu prezo e mesmo decidir onde se sitúan. Esta entrega a mans privadas do control da tecnoloxía hospitalaria pode ter consecuencias severas para a sustentabilidade do Sistema (a tecnoloxía provoca un enorme incremento do gasto sanitario) e para a saúde da poboación (a xestión mercantilista destes medios provoca unha sobreutilización dos mesmos, cunha repercusión negativa polos efectos yatrogénicos). Este modelo de contratación xa levou a unha inversion de 88 millóns de euros na compra de novas RMN, cando bastaría con substituír os equipos actuais cambiando o software (moito máis barato). -Privatizacion da investigación, por medio dos Institutos Biomédicos de Investigacion dos hospitais públicos do Sergas. Estes Institutos acóllense ao modelo empresarial, son participados e cogestionados pola multinacional farmacéutica Janssen (Johnson&Johnson). Deste xeito as empresas privadas, ademais de conseguir beneficios económicos, controlan e dirixen a investigación, e teñen acceso a datos xenéticos e outras informacións sensibles sobre os doentes

0 comentarios