SANIDADE DESTRUIDA último capítulo
-A Plataforma Electrónica, cedida a Netaccede, fondo de capital risco creado en 2009, impulsada por ex-altos cargos da Xunta e Caixanova, e gestionada por un directivo que provén da auditora Deloitte. -O teléfono de cita previa, tamén foi adxudicado a Netaccede. -O servizo de fornezo e logística foi entregado, por 88 millóns de euros, á empresa Severiano Servizo Móbil (que o ano 2004 custodiaba as historias clínicas do CHOP nunha nave industrial sen licenza, e que arderon nun incendio por carecer de medidas de seguridade, quedando o hospital sen documentación clínica). -O mantemento dos equipos sanitarios foi adxudicado á empresa zaragozana Ibérica de Mantemento S.A. -A gestion da limpeza e enerxía foi entregada ao Grupo Norte, vinculado á inmobiliaria Martinsa-Fadesa, (crebada en 2008, que foi unha das principais causas do esborralle de Novagalicia Banco). -O servizo de catering dos hospitais, adxudicado a Mediterránea-Arturo, propiedade do fondo de inversion Portobello (Banco de Santander, BBVA, CAM/Sabadell, Bankia) e de Arturo Fernández (vicepresidente da CEOE, imputado no caso Bankia, acusado de defraudar a Facenda, de pagar aos traballadores en diñeiro negro e do uso das tarxetas black como conselleiro de Caixa Madrid). -Os servizos de protección radiológica foron cedidos a Xeneral Electric: dese xeito a mesma empresa que fabrica os equipos é a que realiza o control de calidade. -A esterilización de instrumental medico e quirúrgico: o goberno de Núñez Feijóo ten prevista o seu adjudicación por un período de 12 anos e a un custo de 160 millóns de euros. De levarse a cabo supoñería, ademais dun grave risco de incrementar as infeccións nosocomiales, unha severa redución de postos de traballo públicos pola desarticulación dos servizos existentes, que funcionan cun elevado nivel de calidade. -Centros de Saúde móbiles, pendentes de adxudicar. De levarse a cabo supoñería un chanzo máis na privatización e o desmantelamento da Atención Primaria. -Teleasistencia domiciliaria: teñen contactos con R Comunicacións (empresa inicialmente galega, hoxe vendida por NGB ao fondo de investimento CVC-Capio). -Tamén cederon ao sector privado as contratacions públicas do Sergas. Transferiron esta actividade á Plataforma Electrónica Vortal Connecting Bussines, constituída por grandes empresas tecnolóxicas e de xestión de recursos humanos, especializadas en dispositivos electrónicos para controlar a productividad dos traballadores. Esta Plataforma está participada por Microsoft, Telefónica e Indra, que tamén gestionan a teleasistencia, a receita electronica e a historia clínica electrónica. Isto supón que estas tarefas propias da función directiva, que deberían estar estrictamente controladas polo Sergas e a Consellería, pasan a mans de empresas multinacionais e fondos de inversion (moitos deles radicados en paraísos fiscais). Deste xeito baleiran de contido ás actuais estruturas directivas e entregan a xestión estratéxica do Sistema sanitario público de Galicia a mans privadas. 7.- As Unidades de Xestión Clínica (UXC): o próximo paso cara á privatización do Sistema sanitario público. Dese xeito pretenden converter os Centros de Saúde e os Servizos hospitalarios en empresas con autonomía de gestion, orzamentos propios e capacidade para beneficiarse dos aforros conseguidos en persoal, material ou actividade asistencial. Estas UXC poden abrir a porta ao mercado, á gestion privada e á laboralización do persoal. A empresa selecionada pola Xunta para auditar a implantacion das UXC é a axencia de calidade europea EFQM, que está presidida en España polo responsable de PwC (IBM), a empresa que almacena o maior número de datos sanitarios e non sanitarios a nivel mundial. Resulta evidente, á vista do relatado, que o principal obxectivo do actual goberno da Xunta é desmantelar a Sanidade Pública galega. Esta privatización, realizada con présa pero coa maior cautela, deixa unha severa hipoteca para o país e os gobernos futuros, que deberán asumir o compromiso coas empresas ás que adxudican concesións a longo prazo. Esta forma de actuar non é inocente e responde a unha estratexia, que executan con todo rigor. É necesario desalojar ao PP do goberno da Xunta para deter esta demolición planificada dos servizos públicos. | |
0 comentarios