Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UNHA INCOGNITA

UNHA INCOGNITA



   Quen era e de onde viña Felipe González. Carecía de curriculum político, e del so se coñecen a súa militancia falanxista. Non se lle coñecen  vínculos co movemento obreiro, nin co socialismo republicano que residía no exilio. Non tiña unha formación ideolóxica e política democrática.  A súa ideoloxía e o seu pensamento político só as coñeceremos na práctica do seu mandato, favorable á restauración da monarquía e do capitalismo, que segue a folla de ruta da CIA pra península Ibérica, apartando do camiño ós vellos socialistas republicanos, contrarios á política de EEUU. O seu proxecto político e a súa identidade ideolóxica, en consonancia con aquel, será o programa oculto de Felipe que irá aplicando, entre tebras, teatralizando a súa estratexia entre un radicalismo bananero, personificado polo seu fiel e útil Guerra, e unha práctica dereitista aplicada sen contemplacións, con arrogancia e contundencia polo mesmo Felipe. Moi sólidos tiñan que ser os seus apoios internacionais para que actuase desbordado polo seu aparatosa confianza en si mesmo e a súa autosuficiencia.

0 comentarios