¿INCENDIO OPORTUNO?
O incendio de Moaña puido ser moi oportuno. A CCEE ía inspeciona-las instalacións. Sospeitábase de pescado importado de Asia, barato e perigoso pra saúde. Tamén podía haber outras cousas, por exemplo bombas de palenque pras festas de Moaña, ou fariña pra pensos. Parece que durante a primeira hora do incendio solo había tres bombeiros pra controla-lo lume, rexeitando axuda doutros profesionais. Non era prioritario apaga-lo lume. O propietario, gran contribuínte do PP, non ten porque estar relacionado co chalet de Feijoo, son cousas distintas. Que a Xunta pagara a factoría, pode ser, pero iso tería que dicilo a Xunta. Como queira que sexa, o seguro cubrira perdas do empresario; os traballadores ó paro. A factoría volverémola a construír con diñeiro público. !que menos!
0 comentarios