EN COMÚN
A propósito de Andalucía, os réximes clientelares caracterízanse por unha telaraña de poder que sinala quen é o dono do territorio, quen manda, que se pode falar e que non, si queres sobrevivir e ter éxito. Falar o equivocado, ou con quen non debes, exclúeche dun traballo digno, dunha subvención, etc. Un modelo produtivo ruinoso que produce miseria e explotación laboral, tecido industrial destruido. Medios de comuniación ben engraxados con subvencións . Moitos medios de comunicación non terían viabilidad sen publicidade institucional, moi xugosa e repartida a pracer. Empresas privadas creadas ad hoc, que en realidade teñen soamente como cliente ás administracións públicas. Podíamos estar falando de Andalucía, pero tamén podíamos dicir o mesmo de Galiza. Gobernos que empobrecen o país, que teñen como única misión perpetuarse no poder.
0 comentarios