Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

-POR QUÉ

-POR QUÉ

 

  As enquisas dan ó PP como o partido mais votado, apenas perde votos, malia os escándalos de corrupción, os recortes,  a pobreza e as desigualdades sociais. Os anos de ditadura creou na xente  uns hábitos de obediencia ós señores que controlan o poder. Por segmentos de poboación, o gran grupo de votantes do PP constitúeno os de mais de 55 anos. Os de este grupo social que caen no pozo do paro, ou o subemprego nunca sairán del, as axudas sociais cada vez mais recortadas, as pensións en perigo e o estado social en liquidación, son o seu negro futuro. Entón por qué esa fidelidade cega os seus verdugos. Hai dúas razóns fundamentais, por un lado a longa etapa de ditadura, que  creou un hábito de obediencia ó poder, por outra o medo ó que non coñecen que, ademais de ser preles un abismo descoñecido, os caciques e os medios de comunicación soen pintarllos como algo terrorífico. Pero como se convence a esta xente que o que coñecen xa non pode ir a peor. Non é doado, xa que o mais seguro é que esta xente teña unha grave doenza neuronal, así que abandonar toda esperanza.  

0 comentarios