Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

XOGAR COA COMIDA

XOGAR COA COMIDA

 

  Calquera medio é bo pra desestabiliza-lo goberno de Venezuela. A dereita española loita  entre si pra demostrar ó señor do lado escuro quén é mais malo co Venezuela.  A min xa me teñen cheo con Venezuela. Preocúpame España. Trece millóns de pobres, tres millóns expulsados da clase media, A clase media non ten acceso ás axudas sociais. Os ricos cada vez son máis ricos e os pobres máis pobres. En España sucede a pasos axigantados. A xente máis depauperada, a veces, ten acceso a uns recursos sociais, cada vez m ais limitados, e os máis ricos seguen aumentando o seu patrimonio. Os comedores sociais están a tope. Cáritas, nada sospeitosa, está a avisar do aumento vertixinoso do problema. Entrementres o goberno saca peito e fala da diminución do paro, do aumento da riqueza. Si, o PP sacounos da pobreza e meteunos na miseria. O ter traballo, por dous días, un ha semana i en precario e mal retribuído, é garantía de seguir na miseria. A riqueza vai ós ricos, que grazas a un sistema tributario inxusto, son os únicos beneficiarios da política do PP.

0 comentarios