Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O SAN MARTIÑO

O SAN MARTIÑO

 

  A empresa EULEN, da que é apoderada a irmá de Feijoo, leva anos gozando do privilexio de ser beneficiaria de adxudicación de contratos da Xunta. A oposición sempre intentou fiscalizar eses contratos, pero o PP, con diversas argucias, sempre se opuxo. Agora, nun momento inoportuno,  a Policía Xudicial ven de intervir no Axuntamento da Coruña un dos contratos que lle adxudicou o alcalde Negreira, íntimo de Feijoo. O velo co que o PP cubre a EULEN, caese. Os contratos eran fraccionados pra permiti-la adxudicación directa a EULEN, o que ven sucedendo dende a primeira lexislatura de Feijoo; incrementandose a partir de 2012. Axentes  da pertencentes a UDEF, nunha operación ordenada polo Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña, requisaron, o pasado mércores, distintos contratos do anterior goberno local.  A choiva de contratos adxudicados a EULEN, abrangue a diversas administracións do PP. O asunto non fai mais que empezar, hai outras corrupcións que poden agromar, non solo as de EULEN. A influencia que estes feitos pode ter no PPg pode ser nula, dado cos votantes do PP non parece  importarlles a corrupción. A operación xudicial ensombrece o horizonte de Feijóo nun momento crucial para as súas aspiracións políticas

 

0 comentarios