OS PACTOS
Tres tercios dos socialistas de base son contrarios a que o PSOE facilite un goberno do PP. Incluso en Andalucía, onde a dereitización do partido é maior e onde unha dirección acusada e condenada por corrupción, ten unha influencia maior sobre as bases, hai unha opinión contraria a calquera pacto co PP. Si o pacto co PP se produce sería a confirmación da dereitización do PSOE e de que os baróns andaluces impoñen a súa liña, chegando así o final do PSOE. Non é doado pros socialistas adoptar un compañeiro de baile, pero a culpa é de quen foi deixando un espazo baldeiro a esquerda pra que sexa ocupado por PODEMOS. As sondaxes danlle gañador ó PP, pero sería unha ganancia pírrica. Aí o apoio do PSOE tería mais desgaste ó apoiar a unha opción feble e asumir as súas impopulares políticas, porque aínda que no lo intentaran vender como unha opción pra definir unha política mais social, non o crería nin o que asou a manteiga nun garabullo. Si realmente o PSOE quere facer unha política social non pode buscar de compañeiro á extremadereita, a que machucou ás clases sociais, mais vulnerables
0 comentarios