Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NIN UN PASO ATRÁS

NIN UN PASO ATRÁS

         

  O 26 X algo comeza:  A unión do pobo, que seguirá medrando. O 26 X non é unha meta, é un camiño. Os enquéritos achegan as esquerdas  a unha maioría absoluta histórica, e aínda a campaña  electoral non empezou. O problema está en como  se administre a vitoria.   A UE está agardando o resultado electoral pra esganar a un posible goberno de esquerdas. Con toda seguridade esa previsible vitoria das esquerdas non se traducirá nun goberno do mesmo signo. O PSOE está nunha encrucillada e a lideresa andaluza xa falou, quere que Pedro Sánchez fracase pra ela facerse co partido; o que non sabe, pero os feitos llo dirán, que  de Despeñaperros pra riba, vai atopar moitas espiñas nas rosas. É moi seguro que os baróns do PSOE impidan un goberno de esquerdas, pero non poden apagar a conciencia que ese día nacerá

0 comentarios