Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COUSAS QUE XA NON SON

COUSAS QUE XA NON SON

 

   Anos de espera, ocultando a verdade; celebradas as eleccións, a CE fai público informe sobre o accidente de Angrois; como era de esperar, Ana Pastor mentiu e manipulou. A CE tamén e responsable por oculta-la verdade. A Fiscalía descobre que o famoso informe policial que fabricou a gestapillo do ministro Jorge Fernández Díez non ten base algunha e pide o arquivo da denuncia sobre o presunto financiamento ilegal de Podemos por parte de Venezuela e Irán. A Audiencia Nacional dá outra vez carpetazo ao caso.  O Goberno aproba unha pequena subida da factura da luz con efectos retroactivos? desde abril de 2014. O mesmo xuíz que aplicou a lei antiterrorista e mandou ao cárcere sen fianza aos dous titiriteros agora decide que xa non hai indicios de enaltecimiento do terrorismo. Entre ambas decisións non cambiou absolutamente nada neste proceso xudicial: non hai unha soa proba nova nin ningunha novidade na investigación que xustifique por que antes eran perigosos terroristas e hoxe xa non o son.  PP anuncia que tamén vai falar cos partidos independentistas para negociar a investidura de Mariano Rajoy. É o mesmo PP que, fai dous meses, criticaba ao PSOE por falar cos independentistas da investidura de Pedro Sánchez. O Goberno aproveita o venres pola noite para anunciar que saca outra vez fondos da hucha das pensións para pagar a extra de verán; a caixa da Seguridade Social está arruinada e probablemente terminará o ano cun déficit de 18.000 millóns de euros. Cando Rajoy chegou ao poder, o fondo de reserva tiña 66.815 millóns. Hoxe está en 25.176 e, a este ritmo, en dous anos máis se acabará. Albert Rivera afirma que nunca vetou a Mariano Rajoy.  Venezuela desaparece das portadas dos xornais e volve ser outro país estranxeiro máis. Acojonante.

0 comentarios