DEREITO A NON SUFRIR
É inadmisible a ética que obriga a vivir, negando o dereito a non sufrir e morrer dignamente. Prolonga-la vida artificialmente dun ser que perdeu toda dignidade, ou que lle atormenta a dor, está en contra da moral. As industrias farmacéuticas, os centros de saúde, os profesionais da saúde e xente que vive do sufrimento intentan alongar a vida dos doentes, aínda cando saiban que fisicamente non hai opción, porque o intres esencia é prolonga-la vida, sexa cal sexa a calidade da vida, porque é mais importante a enfermidade como negocio. Foron moitos os personaxes que ante un importante deterioro físico piden que non se les prolongue artificialmente a vida. Rita Levi-Montalcini, que cumpre cen anos. A científica italiana, premio Nobel de Medicina aínda sigue na investigación, pero non quere que se lle vexe so pretexto de coida-lo seu corpo
. |
0 comentarios