Profesión de risco
Hai xornalistas que atoparon a morte no cumprimento do deber, outros son represaliados cando sacan os trapos sucios dalgún político. O que sacou a Rajoy paseando nun barco dun traficantee e un longo etc., ós que se lles une a xornalista Patricia López, que denunciou, a través da súa conta de Twitter, que a vetaron no programa Espello Público, que presenta cada mañá Susanna Griso en Antena 3 por publicar as gravacións que demostraban como o ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz conspiraba co entón xefe da Oficina Antifraude de Cataluña, Daniel de Alfonso, para montar escándalos contra dirixentes independentistas e os seus familiares. A De Alfonso custoulle o posto. Con todo, o ministro do Interior, que segue no posto, obviar a gravidade dos feitos e centrouse única e exclusivamente en buscar aos autores das gravacións para facer xustiza.O seu particular caza de bruxas, segundo denuncia a afectada, esténdese agora aos xornalistas. Patricia López foi, xunto a Enrique Bayo, a xornalista que deu a primicia no diario Público. |
0 comentarios