Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COA BOTA

  Da a impresión de que nunca nos sacaron a bota de enriba. Mais un día como hoxe trae a memoria os ecos da gran traxedia que España viviu no 36. O golpe de estado do 36 non foi algo espontáneo, empezouse a xestar ó día seguinte á proclamación da República,dende os púlpitos dábanse matines, a sociedade civil organizábase creando grupos da axitadores,  buscando apio económico e político e buscando conspiradores nos cuarteis.  O golpe non prevía unha guerra  civil, pero a extraía morte de Sanjurjo  deu paso a un saguinario Franco disposto a ir hasta o fina, costara o que costara. As potencias mundiais xa tiñan o que querían, unha España arrasada. No interior  airexa viviría tempos de opulencia e privilexios. Os voitres do interior formarían imperios. Hai tantas causalidades, que fan da España da época un taboleiro de xogo, no que se concentra toda o lixo mundial. Á república solo a apoiaba Rusia; de tapadillo tamén o facía Francia. O resto das potencias mundiais apoiaban, moitas sen disimulo, como Italia e Alemaña, pero as mais usaban diversas argucias como a utilización de empresas privadas, pra axudarlles ós golpistas. Os interese económicos e estratéxicos rexían as decisións das potencias estranxeiras. Solo Alemaña e Italia engadía un plus ideolóxico. Portugal converteuse na gra base loxística dos rebeldes; alí era por onde se introducía, nun primeiro momento, armas e todo tipo de material. Os capitalistas e contrabandistas interiores así como a airexa decidíronse de inmediato polos golpistas. Tódolos que apoiaron o golpe, sacaron tallada. Despois de 80 anos, a escuridade segue. Así como pequenos golpes pra que os privilexios se  manteñan. É difícil identificar un golpe no que non hai soldados con fusís nas rúas e tanques fronte ós edificios oficiais, pero iso non quere dicir que non os haxa. Na chamada democracia xa houbo tres.

0 comentarios