Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON TAN SEGURAS

NON TAN  SEGURAS

    Grazas á ucha das pensións de Zapatero, este ano os pensionistas seguirán cobrando a pensión, aínda que conxelada. É moi probable que este sexa o último ano, si sigue a política do PP, de relativa tranquilidade pros pensionistas. O Pacto de Toledo é algo esquecido que xa non volverá. O obxectivo do PP é que a xente faga plan de pensións privadas, pero como un traballador en paro, sen prestación, un subempregado ou, no mellor dos casos, un traballador que cobra o salario mínimo, se vai facer un plan de pensións. É obscena a política do PP acualando e sementando a inquietude entre os pensionistas, que por outra parte foron durante esta lexislatura, en moitos casos, o sostén da crise marianista. Solo dous plans de pensións privadas funcionaron, o resto solo foi un beneficio mais pros bancos 

0 comentarios