Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ELIXIDOS DE DEUS

ELIXIDOS DE DEUS

 

 

  Semella que o concepto de que se goberna  por elección de Deus é algo que pertence a un pasado remoto; nembargante o PP teno como algo actual, por iso non é sinxela unha reforma electoral asimilable a de outros países democráticos e que non esteamos na situación actual. O lóxico é que haxa  unha segunda volta, pero o PP quere que goberne a lista mais votada, en única volta, aínda que esa lista solo represente ó 27%  dos electores, saben que nunca obterían a maioría en segunda volta, por iso non a queren. A democracia é un traxe que o PP lle senta mal, pero pono por aparentar. Busca unhas terceiras eleccións, porque pensa que gañaran  mais deputados, cerca da maioría absoluta,  por iso pasan de negociar e buscar apoios pra unha investidura. Unha sondaxe da unha abstención de mais do 40% nunhas terceiras eleccións. O PP a abstención non lle prexudicaría, os seus votantes son fies e non lles inflúe a corrupción, antes o contrario, canto mais merda mellor. 

0 comentarios