MANS LIBRES
Non é unha alusión a MANOS LIMPIAS. É un xogo de mans. Un prestidixitador que se prece ten que te-las mans libres para face-los trucos de maxia. Feijoo vese como un gran mago da política. Di Feijoo: «Son o único candidato que ten as mans ceibes». Pode facer calquera alianza, ou un truco pra seguir de Presidente, sen ter que pedir permiso a nade, porque o PPg é el. Solo ten un problema, nade quere pactar con el; por algo será, e iso é o que da que pensar. Ve a Galiza como unha gra finca da súa propiedade e os galegos obreiros seus, co único dereito de emigrar. Os datos sanitarios, as historias clínicas dos doentes, tiñan que estar escrupulosamente reservadas, sen saír do círculo do SERGAS. Feijoo leva a privatización a tal extremo que clínicas privadas teñen acceso ós historiais dos doentes, obrantes no SERGAS, sen rispetar a privacidade, men tres que este privilexio non o teñen hospitais do mesmo SERGAS
0 comentarios