LUMES, UN NEGOCIO
Busquemos ós que se benefician de que os nosos montes ardan e atoparemos, senon ós culpables, si ós sospeitosos. Cando os nosos bosques arden, os únicos que saen beneficiados son : As concesionarias anti incendios. Xa que cantos máis incendios teñan máis gañan. A descarga dun idroavión costa unha burrada, pero tamén costa tódolos demais medios medios, que non existirían si non houbera incendios. A Industria papelera. Xa que compra a madeira pra celulosa moito máis barata. A Industria madeireira. Xa que compra a madeira pra facer aglomerados tamén moito máis barata. ¿Hai vontade política de queren parar isto?. No 2.006, cando gobernaba o bipartito, o PP mandou ós concellos que gobernaba unha circular dándolles instrucións pra que obstaculizaran a política anti incendios da Xunta. Chegado o PP ó poder derogan o promulgado polo o bipartito, en canto a limpeza de montes, protección de núcleos urbanos, etc.. Solo lles faltou dicir que defendían ós incendios. Que se estime en mais dun 80% de lumes intencionados, resulta abrumador, e deberíiamos preguntarnos: Primeiro, por qué hai tantos incendios? E segunda, por que arde o monte?
0 comentarios