Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿QUÉ QUEDA?

¿QUÉ QUEDA?

     Hai dous grupos no PSOE  que pretenden impoñer a súa estratexia, por unha banda, os baróns, os que hai que unir os caciques locais, por outra, os socialistas. Os baróns e os caciques locais aterraron no PSOE pra conqueri-lo poder. Na investidura de  Rajoy, ambos grupos loitan por impoñer a súa estratexia, os socialistas saben que si ceden  desapareceran, pero tampouco ofrecen alternativa, son como o perro do hortelano. O PSOE xa sacrificou a súa posición política en aras da estabilidade do Estado en xullo de 2010, na reforma do artigo 135 da Constitución e no proceso de substitución da Monarquía, polo que no se lles pode dicir que non teñen sentido de Estado.  Os nosos militantes e os nosos votantes, din os dirixes socialistas, son  os que nos interpelan pola rúa pra que non se nos ocorra absternos pra que Rajoy siga na Moncloa. Non poderiamos volver pisar as sedes, din.  En Galiza, o barón e cacique local, o alcalde de Vigo, non acepta o resultado das primarias e desafía o seu Secretario Xeral en lugar de apoialo; sería interesante saber que é pra él unhas primarias. Enchéselle a boca co viguismo, cando solo defendeu a  Vigo cara a galería e sempre en  intres persoal. Chega o do hospital Al varo Cunqueiro, o saneamento e os orzamentos anuais da Xunta. Pra el é mais imporante o seu EGO que despexar a Feijoo

0 comentarios