Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

REFORMA ELECTORAL

 

 Pra formación formación de Goberno en España o problema non é a persoa, non é Mariano Rajoy, presidente en funcións, senón que é a estrutura do PP a que está podrecida. Calquera apoio ó PP para formar goberno convertese nun indulto a corrupción, nunha conformidade coa política practicada por Rajoy, un home que non cumpriu nin unha soa das promesas que fixera en campaña electoral, que elevou a débeda en 365.000 millóns de euros cando o petróleo e a prima de  risco acadou mínimos históricos, que sacou 45.000 millóns de euros da caixa das pensións, que non cumpriu coa redacción de déficit. Ten 137 Deputados, fronte   a 213, que se deixe gobernar á maioría é un sarcasmo. Pra que non teñamos que sufrir este oprobio de falta de goberno, hai que reforma-lo sistema electoral, introducindo unha segunda volta, ó que sen dúbida non lle interesa ó PP e o PSOE 

0 comentarios