Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PATADA NOS TESTICULOS

   A Secretaria xeral de Igualdade decidiu conmemorar os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos cun acto institucional de homenaxe a Rosalía de Castro. Con este motivo, o departamento dirixido por Susana López Abella convidou a Marta Rivera de la Cruz, coñecida, polas súas opinións belixerantes contra o proceso de normalización do galego. E dixo, no seu blog, logo das multitudinarias manifestacións en defensa do galego no ensino: que berren o que queiran, o que tiña que facer Feijoo xa o fixo: pechar a billa. Cortar o suministro das xenerosas subvencións. Marta Rivera asinou o Manifesto por la Lengua Común e mostrou o seu apoio en diversos momentos de maneira pública a Galicia Bilingüe. Nada en Lugo, Rivera detesta o galego. Si a RAG e a Fundación Rosalía non  fan nada, entón si que estamos onde nos toca

0 comentarios