Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON HAI GOBERNO

NON HAI GOBERNO

 

  Nade quere pactar co PP. A corrupción ten a culpa, i é a disculpa pra escaquearse. España non é un país, é un parque temático da corrupción. Non facemos outra cousa que comparar fetidece. Saír desta cloaca é unha prioridade nacional. Antes de calquera pacto, é preciso que o PP faga un xesto desatascador, pero semella que o seu camiño vai pra outro lado. Tal parece ser co caso Soria, ou o de Rita Barberá. Precisamos respirar, porque isto xa non hai quen o aguante. Algún día terá que ser o primeiro dese novo tempo político , pero non será hoxe. Rajoy, ó fin parece comprendelo, il non pode formar parte do futuro.

0 comentarios