UN NAVALLEIRO
Unha idea romántica do Congreso é a de que alí se discute se contrapoñen ides e se busca o mellor pro país. Así debería ser. O día a día demóstranos que é todo o contrario, alí méntese, insultase e protéxese a delicuentes, parece un barrizal. Rafael Hernando está a gusto no barro. E si non o hai, xa se encarga de traer o material necesario para formar o barrizal. É un exemplar máis dunha estirpe que no seu partido cultivan, e da que a anterior versión foi Vicente Martínez Pujalte. A diferenza é que Hernando é igual de machote, pero con menos graza. Rafael Hernando non será o mais intelixente, pero é o que mellor insulta, é o tipo que o PP adora. Pra chegar onde está, arrastrose moito. Foi co bando opositor a Rajoy, ó verse perdedor mudou de chaqueta e está no seu papel.
0 comentarios