DOR
Os que nos criamos con ansia de liberade e democracia, e os que tanto humillaron os franquistas; sentíamos que os socialistas eran a nosa casa común, por non dicir dos que `perderon a vida nas mans dos asasinos, sufriron nas comisarías e nas cadeas franquistas. O puño e a rosa era mais que un partido, era un símbolo de dignidade e de xustiza, por iso o ver como o poder lle era entregado ós erdeiros sanguíneos e ideolóxicos dos causantes das súas penurias, sentiron o aular do lobo na noite, o desgarro na alma, a traizón dos que asumiron a obriga de falar por nos. Quén non recorda a emoción de votar por primeira en democracia, o orgullo de meter a papeleta do vello socialista, non ancián, Tierno Galvan. O PS era a esperanza da xente sinxela, o que facía posible que o fillo dun obreiro puidese desafiar ó destino matriculándose na universidade e ter un traballo no que lle pagasen por pensar e non por poñerse de xeonllos diante de ningún cacique. Que magoa ver a traizón do electos. É como si volvera a vida en branco e negro. Só desexo que non haxa paz para os malvados, para quen venderon a súa alma ó diaño e os votos da xente sinxela a un partido procesado por corrupción que ten a un terzo dos españois na pobreza, da que cremos sairamos pra sempre.
0 comentarios