Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PARTE DA LOITA+

PARTE DA LOITA+

 

         Vimos a Capriles con Macri, vimos a Lilian Tintori facendo campaña para Guillermo Lasso en Ecuador. Iso é o que creen, o que perseguen. Isto non é que haxan eleccións para resolver unha determinada crise, iso é unha vulgar pantalla. Son solo peóns dunha política deseñada por Washington. Eles non queren eleccións, as que correspondería celebrar no 2.018, esperar, mediante a violencia, que o pobo lles entregue o poder, porque o merecen como clase, e porque os seus amos americanos así o queren. Os actos vandálicos en Venezuela son mostrados polos medios de comunicación como actos heroicos, cando solo se trata de violecia organizada por grupos profesionais . En Arxentina hai presos políticos dos cales non se falar. En Estados Unidos mátase a cidadáns negros. En España mállase, sen piedade ó manifestantes, por cousas moito menores que o que fan os encapuchados en Venezuela. Fronte a iso, hai que denunciar a situación calamitosa dos Dereitos Humanos en todo o continente, mostrar o que fai a policía e os paramilitares en México, Brasil, Colombia, Fonduras, Guatemala, República Dominicana. Controlados por Washington os medios de comunicación, pra manipula-las noticias no seu intres, resulta imprescindible a difusión da verdade  polas redes sociais que é a forma en que desde fóra podemos axudarlles.

0 comentarios