. CARISIMA PROPAGANDA
Feijoo non acudiu ó fondo estatal pra emisión de débeda, pra facer dilo unha propaganda persoal de boa xestión. Aínda que a Xunta nega a información, é posible facer unha estimación aproximada da factura extra que estamos pagando. Entre o 2012 e o 2015, a Xunta preferiu pedir prestados 7.057 millóns de euros nos mercados financeiros renunciando a acudir ao financiamento público, a pesares de que no 2012 os bancos cobraban un tipo de xuro 6 puntos por riba dos préstamos do Estado, pódese calcular en máis de 1.600 millóns de euros o sobrecusto que estamos soportando. Con eses cartos, que pagamos nós con recortes e deterioro dos servizos públicos, teríase financiado a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ou podería rescatarse a AP-9. Aínda que a Xunta nega a información, é posible facer unha estimación aproximada da factura extra que estamos pagando. Entre o 2012 e o 2015, a Xunta preferiu pedir prestados 7.057 millóns de euros nos mercados financeiros renunciando a acudir ao financiamento público, a pesares de que no 2012 os bancos cobraban un tipo de xuro 6 puntos por riba dos préstamos do Estado Tendo en conta este diferencial e os prazos de amortización dos préstamos, pódese calcular en máis de 1.600 millóns de euros o sobrecusto que estamos soportando. Unha enorme factura da que se benefician os bancos e inversores privados e que pagamos nós con recortes e deterioro dos servizos públicos. Para facernos unha idea, con esa cifra teríase financiado a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ou podería rescatarse a AP-9. Pero esta enorme cifra é só unha parte do custe total, porque esta decisión irresponsable inclúe outra grave ameaza sobre as contas públicas galegas. O ministro Montoro xa emprazou á comisión de expertos que analiza a reforma do modelo de financiamento autonómico que valore unha posible condonación da débeda que teñen as comunidades co Estado, da que obviamente se beneficiarían máis aquelas que acudiron con máis intensidade ao FLA
0 comentarios