Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

PARECIDOS

 

 

      A traxedia de Portugal pode  pasar aquí. A superficie de eucalipto  é o dobre do previsto. Hai algunhas estradas nas que os eucaliptais chegan á veira, tamén a zonas poboadas, a iso hai que engadir a biomasa. Estimase que en Galicia existen unhas 600.000 hectáreas de matorral, que se atopan abandonadas e sen uso, en zonas de Ourense son moi elevadas , con grandes cantidades de matorrais de terreo que non se usa. A política forestal da Xunta non existe. A ignorancia e a cobiza imperan.  Fai dous anos arderon 20.000 hectáreas en tan só dous días en Galicia e  na campaña de verán de 2006 houbo unhas 100.000 hectáreas arrasadas.

 

CONTROLA DA

CONTROLA  DA

 A sangría da corrupción dos xenoveses parece controlada. A declaración da cúpula do PP no xulgado parecía a repetición dun estribillo: non sei, non me consta. Pouco importa que que fora unha contradición co actuado, a mentira forma parte do seu ADN. O PP endreita o rumbo e intenta saír da cloaca da corrupción. É pouco o prezo da mentira cínica, de amañar Tribunais ou de atacar a Institucións como a Garda Civil. Os xenoveses están envalentonados, algúns dos condenados falan de pedir resposabilidades. O fascismo está tan brioso como nos mellores tempos do dictador 

NERVIOS

 

 

   O triunfo de Sánchez e as súas proclamas esquerdosas preocupan, e moito, ó PP, que  se lle notan os nervios co medo a que haxa un achegamento a PODEMOS e que perigue o seu cortixo. O fracaso da súa aliada Susana deixa sen liderazgo a ala dereitosa do PSOE, e iso provoca un desconcerto no PP e seu entorno mediático. Non será nada, pero ilusiona 

REQUIIEN

  Fontes próximas á familia sospeitan que a Ignacio Echeverría matouno «o lume amigo; outros que morreu nun centro de detención. A autosia pode que despexara as dúbidas, ou non. O feito de que non fora identificado hasta pasar catro días, que nin permitira á familia o acceso morgue , da que pensar

1º ASALTO

1º ASALTO

 

  Sempre é entretida a moción de censura, ver os trabalinguas de Rajoy e as acometidas e saídas de ton de Hernando. Afeando que os de podemos teñan nos escanos a Cañamero, detido pola policía varias veces, sempre por actividades sindicais, ou o asistente dun Deputado de Podemos, sen dar de alta na SS, que contrasta cos coidados do pai de Rajoy, que pagamos todos; o escándalo de Bescansa que figurou algún tempo como autónoma. Sendo Deputada; casos que utilizou Hernando. Que segundo el, son motivo de escándalo, nada comparado cos mais de mil imputados por roubo do PP. Foi en realidade un ensaio da vindeira moción. O gañador, a democracia, que se poida falar, mais  que lle pese ó  pp

NON HAI NADA SOSPEITOSO

NON HAI NADA SOSPEITOSO

 

  A oposición quería ver os contratos da Xunta con Villar Mir. O PP oponse porque nos contratos non hai nada que ocultar. Si non  hai nada que ocultar, ¿por qué non quere que se vexan? E que algúns van ó Parlamento, según Feijoo, solo a facer política.  E eu que pensaba que a iso ían alí, pois non, van a facer calceta. 

ESTAFA

ESTAFA

 

  Os accionistas do POPULAR perden todo. A compra do POPULAR foi decidida fai tempo nun foro internacional, incluso se pactou que o prezo fora solo simbólico. Esa é a asideira á que se pretenden agarrar os miles de accionistas que o perderon todo. O Banco Santander vai recibir uns beneficios fiscais de 6.000 millóns, o tempo que elimina a competencia, o que non está mal. Que a CMV, nin o Banco  de España fixeran o seu traballo, certifica a inutilidade destes organismos  

DISTINTOS

 

  Un significado musulmán dixo que lle importaban unha merda as leis europeas. En París hai barrios no que non se permite a entrada a europeos, son como estados dentro dos estados. A permisibilidade Europea choca cunha xente que non quere integrarse. Tamén cando hai un atentado islamita vótase de menos o rexeitamento  inequívoco da comunidade  musulmán. Son, pra cultura europea como a auga e o aceite

 

NON XOGA

NON XOGA

 

  Nas comisións de investigación a verdade oficial é determinada pola maioría. pero a veces  colase algo de luz. Na comisión do caixa B do PP, o PP atópase en minoría, e moitos trapos sucios poden ve-la luz. O PP quere anula-la Comisión e xa anunciou con recorrer ós Tribunais,  onde se sente  seguro de gañar

PROGRESO

 

  Nunca se sabe, solo hai que ter unha boa escaleira, nin sequera fan falla estudos. De axudante o xardineiro municipal a Director da GC e Conselleiro  das eléctricas. De fontaneiro a Acalde Senador e millonario

ALGO NON CADRA

ALGO NON CADRA

 

  Os datos estatísticos, a veces, son un medio pra esconde-la realidade. O goberno da datos de unha baixada do paro, que nos situaría nunha cifra semellante á de 2009; cousa que en parte é certa. Traballando dúas horas ó mes, pras estatísticas do goberno xa non estas nas listas do paro. Primeiro timo. Os cotizantes á SS soben. Segundo timo. Pois os ingresos da SS están en mínimos e baixando. Os salarios están en niveis de 1978. Medo e da cando o PP promete crear 500.000 postos de traballo nun ano, iso quere dicir que vai eliminar, cando menos, 200.000 fixos. Así cun posto de traballo de 1500 euros de salario fanse 3 de cincocentos euros, co cal se crean dos novos empregos; todos eles en precario. Non se repartiu traballo, senón miseria.      

ERA PERFECTO

 

 

 Moix era perfecto, segundo a cúpula do PP, pra González tamén. Que mentira en sede parlamentaria, normal; que intente protexer a corrupto, normal; que oculte bens en paraísos fiscais, normal. Todo iso pro PP parece que é normal pro PP

 

MENTEN

  As cifras da economía española, que da o goberno, son falsas; e todo o mundo cala e os medios de comunicación son cómplices.
España diríxese cara á suspensión de pagos coa maior burbulla de débeda da historia. Esta é a principal conclusión do economista Roberto Centeno, quen enviou un informe á Comisión Europea no que pon en dúbida os cálculos económicos que presenta o Goberno español a Bruxelas. Baseándose nos datos do Banco de España, Centeno sostén que a débeda do país non sería do 100% do PIB, senón que chegaría ao 141% do PIB oficial, xa que o Protocolo de Déficit Excesivo non contabiliza toda a débeda, senón só unha parte.

 

 

AFUNDIMOS

 

  Afundimos, pero aplaudimos ó PP. Cando Raajoy chegou ó goberno, o déficit español era moito menor que o portugués. Agora os portugueses cumpren o déficit e España non. España faixa salarios e conxela pensións, en Portugal subiron os salarios e as pensións. España solo devolveu unha mínima parte do rescate bancario que pediu, e quer sempre negou ter pedido. O paro real pode achegarse ó 30%, pero o peor é a débeda, que pode achegar ó 140% do PIB. As cifras estatísticas da economía enviadas a Bruxelas son falsas, e Bruxelas sabeo  

 

QUÉN ODIA MAIS?

 

  Cando o odio é irracional e a reconciliación unha quimera, é imposible determinar si odian mais os de dereitas ou os de esquerdas. O odio naceu co home e parece que é imposible erradicalo; solo se precisa unha chispa pra que o enfrontamento xurda. Non sabería dicir de que lado o odio é meirande. Un caso pro estudo, feito sen apaixoamento, teriámolo en Venezuela, que transcende as fronteiras do país, respondendo a intereses diversos. O pasado 12 de maio, o locutor venezolano e  César Miguel Rondón deixou aflorar o fascista que leva dentro, e celebrou, nas redes sociais,  o acoso e as agresións que sufriron distintos venezolanos no exterior por parte das hordas terroristas da oposición venezolana. A súa postura prexudica os seus compatriotas, de ambos bandos, ee non deixa de ser cega e irracional

PODE SER

 

 

  Hai rumores de que había alarma no PSOE e  no PP de que Podemos se situara como forza exemónica da esquerda, nunha reunión de xente do PP e do PSOE, nun iate, acordaron poñer ós candidatos a secretario pras primarias. Esa, e outras manobras non lle gustaron a Sánchez, polo que non quere ningún  barón na executiva, pra que  non o volvan a apuñalar. Pero  aínda terá que supera-lo Congreso, e as navallas seguen  aí     

 

 

XOGO SUCIO E CAMPO EMBARRADO

 

  Nunca se xogou limpo. Utilizáronse recursos do partido para a  campaña de Susana, todo o aparato do partido ó seu dispor. Ningunha treta serviu. O xuízo da militancia foi claro. Non só  fracasou  Susana, tamén toda a vella garda; adeus a Felipe González, Alfonso Guerra, Pérez-Rubalcaba,  Rodríguez Zapatero, Bono, etc. Con todo, a guerra seguirá, Pedro non ten carisma, nin programa.

 

GALEGO CORDIAL

GALEGO CORDIAL

 

  O 17 de maio xuntouse unha multitude na praza da Quinta en Santiago; o tema era reivindicar a defensa do galego; totalmente marxinado dende que goberna Feijoo. Non é admisible que os funcionarios da Xunta non atenda ós administrados en galego, salvo algún caso illado, que un funcionario polo seu risco faga o correcto. Apolítica lingüística de Feijoo  e tan boa pra eliminación do galego é tan  acertada que hasta Gloria Lago a bendice. Centrada agora en eliminar a raza das vacas rubias galegas, o can de palleiro e as galiñas de Mos, entre outras

RAICES

 

     Quixera que o galego fora unha  árbore frondosa con profundas  raíces, que a súa sombra xogaran as crianzas, se dixeran palabras de amor os namorados e contaran  historias os vellos, por suposto, en galego.  As alimañas fradan as polas do árbore, mexan no seu tronco e escaravellan nas súas raíces pra que o árbore seque. Cando o galego desapareza; por desgraza, pra iso non falta moito, Galiza, como pobo, desaparecerá. Todos seremos responsables. 

MORTE NA ESTRADA

 Circular polas  estradas en  bicicleta é unha actividade de risco. Xa é  habitual as noticias de ciclistas atropelados. O conductor-a ia baixo os efectos das drogas, ou do alcohol. O que debera ser unha agravante, en España é unha atenuante. Por riba, si matas a varios solo pagas por un. Sae barato, case de balde. Isto de Venezuela é preocupante. Os políticos tiñan que dedicarse a gobernar