Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

SOSPEITASE

   

  No é EEUU o único que provoca asasinatos por envelenamento. Dende tempos foi usado. O cancro do cal padeceu Chávez foi inusualmente agresivo e sospeitoso, e cada día saen máis evidencias sobre a clara posibilidade de que Chávez foi asasinado, di a avogada Golinger. Un dos seus edecanes máis próximos durante anos, que estivo a soas con el e quen lle levaba a súa comida, o seu café, a súa auga, hoxe é unha testemuña protexida en Estados Unidos. Agora intentan asasinar a súa memoria

 

PRA PENSAR

PRA PENSAR

   Un  informe  do Ministerio de Facenda cuantifica en 44.484 millóns de euros o aforro que acadaron as autonomías por acudir ó Fondo de Financiación  Autonómica, en lugar de facelo os mercados financeiros. Unha cifra enorme. da que Galicia, por decisión do seu presidente, apenas se beneficiou. O sobrecusto pra Galiza foi de 1.600.000 millóns de euros,co cal se construirían dous hospitais. Supoñendo que Feijoo saiba ler. Cál pode ser a razón: puidera ser a financiación do PPg, non se pode pensar nun  lucro persoal.

FESTA N CAIDA

   O primeiro de maio é mais que un día de festa, é o recordo da loita polas conquistas laborais.  O pasado  de maio  era un esmorecemento. Poucos e, a maioría vellos. Será que os ninis non  teñen intres no asunto e os mozos subempregados teñen vocación de escravos.  Vivan as pensións  

 

50.000

50.000

 En Galiza hai 50.000 nini. 50.000 mozos que non estudan, nin  traballan. O problema parece insoluble, ou e moi difícil solución. Nas estatísticas dea Feijoo non figuran  porque quedaría moi feo. Tampouco figura a EPA, co que tamén se oculta o número de emigrantes e o descenso  da poboación. Galiza é un páramo da industria. Algo tería que ver Feijoo, digo eu; ou solo aparece pras loubanzas   

 

COMPLICES

COMPLICES

 

  EEUU non precisa de argumentos sólidos pra intervir onde lle pete, pero mellor se ten cómplices baratos. Xa ten Perú e Colombia como bases de operacións pra intervir en calquera país de Sudamérica. Agora necesita Brasil e Arxentina como cómplices pra intervir en Venezuela. As condicións de violencia xa as ten. O que máis me espanta de Venezuela é a oposición, ou unha parte moi importante dela. A radicalización e o que está facendo Almagro desde a OEA, ó servizo dos EEUU, é un perigo, non só para Venezuela, senón para todo o continente. O mesmo Papa deplorou a falta de diálogo da oposición Venezolana.  Si queren chegar á presidencia da República, que compitan legalmente en 2019. Hai que dicilo: a dereita venezolana e latinoamericana é golpista, non é verdade que creen nin que respectan a Constitución, todo isto é pura montaxe. Eles son o que fixeron en 2002: o seu proxecto é varrer co goberno, cos poderes públicos, a Constitución, as políticas de 2000 ata aquí, e restaurar un goberno de élites, que garanta que as riquezas, ademais de pros yankis,  son para uns poucos.  Capriles, Macri, etc non queren que haxa para resolver unha determinada crise, iso é unha vulgar pantalla. Son solo peóns dunha política deseñada por Washington. Esperan, mediante a violencia, que o pobo lles entregue o poder, porque o merecen como clase, e porque os seus amos americanos así o queren. Os actos vandálicos en Venezuela son mostrados polos medios de comunicación como actos heroicos, cando solo se trata de violencia organizada por grupos profesionais . En Arxentina hai presos políticos dos cales non se fala. En Estados Unidos mátase a cidadáns negros. En España mállase, sen piedade ó manifestantes, por cousas moito menores que o que fan os encapuchados en Venezuela. Fronte a iso, hai que denunciar a situación calamitosa dos Dereitos Humanos en todo o continente, mostrar o que fai a policía e os paramilitares en México, Brasil, Colombia, Fonduras, Guatemala, República Dominicana. Controlados por Washington os medios de comunicación, pra manipula-las noticias no seu intres, resulta imprescindible a difusión da verdade  polas redes sociais que é a forma en que desde fóra podemos axudarlles.

CHUVIA DE MILLONS

 

  Dende Aznar, o País Vasco non recibirá unha chuvia de millóns como a que  lle deu Rajoy. o malo non é que o Pais Vasco reciba esa regalía, senón que a alguén llos van sacar. Galicia ten moitas bolas. O Bloque pedía unha tarifa eléctrica pra Galiza, Feijoo dicía que iso non podía ser. Pois parece que si se pode; as empresas do País Vasco van a ter. Ciudadanos estaba en contra do concierto. A tragar outro sapo, e o PSOE a aplaudir coas orellas 

. CARISIMA PROPAGANDA

. CARISIMA PROPAGANDA

 

  Feijoo non acudiu ó fondo estatal pra emisión de débeda, pra facer dilo unha propaganda persoal de boa xestión. Aínda que a Xunta nega a información, é posible facer unha estimación aproximada da factura extra que estamos pagando. Entre o 2012 e o 2015, a Xunta preferiu pedir prestados 7.057 millóns de euros nos mercados financeiros renunciando a acudir ao financiamento público, a pesares de que no 2012 os bancos cobraban un tipo de xuro 6 puntos por riba dos préstamos do Estado,  pódese calcular en máis de 1.600 millóns de euros o sobrecusto que estamos soportando. Con eses cartos, que pagamos nós con recortes e deterioro dos servizos públicos, teríase financiado a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ou podería rescatarse a AP-9. Aínda que a Xunta nega a información, é posible facer unha estimación aproximada da factura extra que estamos pagando. Entre o 2012 e o 2015, a Xunta preferiu pedir prestados 7.057 millóns de euros nos mercados financeiros renunciando a acudir ao financiamento público, a pesares de que no 2012 os bancos cobraban un tipo de xuro 6 puntos por riba dos préstamos do Estado Tendo en conta este diferencial e os prazos de amortización dos préstamos, pódese calcular en máis de 1.600 millóns de euros o sobrecusto que estamos soportando. Unha enorme factura da que se benefician os bancos e inversores privados e que pagamos nós con recortes e deterioro dos servizos públicos. Para facernos unha idea, con esa cifra teríase financiado a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ou podería rescatarse a AP-9. Pero esta enorme cifra é só unha parte do custe total, porque esta decisión irresponsable inclúe outra grave ameaza sobre as contas públicas galegas. O ministro Montoro xa emprazou á comisión de expertos que analiza a reforma do modelo de financiamento autonómico que valore unha posible condonación da débeda que teñen as comunidades co Estado, da que obviamente se beneficiarían máis aquelas que acudiron con máis intensidade ao FLA 

PARTE DA LOITA+

PARTE DA LOITA+

 

         Vimos a Capriles con Macri, vimos a Lilian Tintori facendo campaña para Guillermo Lasso en Ecuador. Iso é o que creen, o que perseguen. Isto non é que haxan eleccións para resolver unha determinada crise, iso é unha vulgar pantalla. Son solo peóns dunha política deseñada por Washington. Eles non queren eleccións, as que correspondería celebrar no 2.018, esperar, mediante a violencia, que o pobo lles entregue o poder, porque o merecen como clase, e porque os seus amos americanos así o queren. Os actos vandálicos en Venezuela son mostrados polos medios de comunicación como actos heroicos, cando solo se trata de violecia organizada por grupos profesionais . En Arxentina hai presos políticos dos cales non se falar. En Estados Unidos mátase a cidadáns negros. En España mállase, sen piedade ó manifestantes, por cousas moito menores que o que fan os encapuchados en Venezuela. Fronte a iso, hai que denunciar a situación calamitosa dos Dereitos Humanos en todo o continente, mostrar o que fai a policía e os paramilitares en México, Brasil, Colombia, Fonduras, Guatemala, República Dominicana. Controlados por Washington os medios de comunicación, pra manipula-las noticias no seu intres, resulta imprescindible a difusión da verdade  polas redes sociais que é a forma en que desde fóra podemos axudarlles.

A POBREZA

A POBREZA

 

 

 Di Vargas Llosa que os pobres son uns ignorantes e non leen, será que teñen outras neecesidades. Unha opositora venezolana maldíos. Isto de ser pobres é  pra algúns un delito. Como si o culpable de ser pobres foran os mesmos pobres. Loitase contra os pobres, non contra pobreza. Os pobres son unha especie de apestados. Cada vez ha mais pobres e os ricos, cada vez, son mais ricos. No día do traballador temos que salientar que ter traballo non significa saír do pozo da pobreza. Houbo un tempo, no franquismo, en que o día do traballo se celebraba o día de San Xosé Obreiro; era mais relixioso

 

AMÉRICA CAÍNICA

AMÉRICA CAÍNICA

  Un dirixente da extrema dereita venezolana chama a invasión do país e o asasinato do Presidente. Esta conducía en Europa, ou EEUU suporía a inmediata detención por un delito de alta traizón.  Hai unha falacia total en chamar ditadura ó que hai en Venezuela. Fáltase o respecto ós miles e miles de vítimas e familiares de vítimas, que en América Latina, padeceron ditaduras, torturas, execucións e desterros; cousa que Capriles, Borges, Ramos Allup nin Tintori soñaron padecer. Tintori sacouse fotos con presidentes, mentres en Chile as viúvas de executados políticos aínda buscan os seus ósos nas areas do deserto. Nese sentido, é incrible que logren convencer a parte da poboación dunha vocación democrática e política que non teñen, xente que crían nos crimes da Cuarta República e creron nos métodos do golpe de 2002. Si lograron persuadir a parte dos venezolanos só se debe á crise económica e comercial dos últimos dous anos, e capitalizárona e instrumentalizado, cando todos sabemos que si eles gobernasen, esa crise fose moito peor. Solo hai que esperar a que dende dentro se creen as condicións propicias pra unha invasión salvadora. EEUU xa ten forzas apostadas no Perú e Colombia 

O DIÁLOGO


  Cando Lilian Tintori quere facerse pasar pola esposa de Martin Luther King, esquece que King nunca fixo como Leopoldo López, chamar ao derrocamento dun goberno O que pasa en Venezuela non é nin parecido ao que fai a policía en Chile nin Nova York, e ninguén acusa a Bachelet nin  Trump de ser dictadores. Por que os dirixentes opositores non confían nos chamados a diálogo do Goberno venezolano, ata cando hai mediadores do Vaticano, expresidentes doutras nacións e organismos como Unasur.  Non poden confiar, porque iso significaría, principalmente, aterse ás regras do xogo democrático, que o primeiro que as descoñeceu foi Henrique Capriles en 2013, cando acentuou ao goberno electo de Nicolás Maduro como ?ilexítimo?, chamou a militares a insubordinarse e á poboación  Eles non creen nas regras de gañar e perder, de aceptar as regras e aceptar as institucións, moito menos poden dialogar, que sería, unha vez aceptadas as normas e regras do xogo. Eles non van dialogar porque non aceptan a Chávez, non aceptan á Revolución, e moito menos aceptan a Maduro. Eles só aceptan que o chavismo sexa anulado na Historia de Venezuela, como un pesadelo para os privilexios que sempre gozaron e que creen merécense por designio divino.

GUERRA ABERTA

GUERRA ABERTA

 

  Nun estado de guerra aberta, vive Venezuela. As bandas armadas organizadas pola extrema dereita, co apoio yanki, están sementando o terror e a morte en Venezuela. Non solo as persoas as que son obxectivo dos terroristas, tamén as propiedades privadas que non sigan as consignas dos OPOSITORES. Así se explica que aparezan enterrados  bens de consumo, porque os donos de tendas e  supermercados temen as represalias. Teñen que construír barreiras electrificadas pra  protexerse dos asaltantes. En certo modo, pero con mais terror, recorda ó Chile de Allende. A desinformación mundial, construída polos dirixentes da MUD, apoiados polas grandes transnacionales da comunicación e redes sociais quérennos facer  crer que en Venezuela hai unha ditadura terrible e antisocial, contando ademais co aval do Secretario Xeral da OEA, Luís Almagro, quen intentou establecer oficialmente que en Venezuela había un crebe da orde constitucional. Un 20% da gasolina que se distribúe en EEUU é de orixe Venezolano. Os portes do petróleo venozelano son moi inferiores ós de Oriente Medio. EEUU quere ese petróleo. Onte foi Siria. Hoxe Venezuela. Mañá podemos ser nos. Non escondamos a cabeza

UN RAPOSO

UN RAPOSO

 

 

  Rajoy citado como testiño tería obrigación de dicir a verdade, pero non creo que saiba dicir a verdade. Como presidente do Goberno non dixo nunca a verdade. Estou intrigado polo que vai dicir. Falará do tempo, ou da mantra da recuperación económica

 

 

Cascos brancos

 

  

  Os cascos brancos e o Observatorio de Dereitos Humanos en Siria son dirixidos por un exmilitar inglés e financiados por Estados Unidos, que de inicio soltou a cantidade de 100 millóns de dólares. Estes elementos créese que actúan como un Servizo de Información para Estados  Unidos e Israel e son sospeitosos de asasinatos e sabotaxes de infraestruturas Sirias. Pensar que este conflito se orixinou por a oposición Siria a construción dun oleoduto proxectado polos señores do petróleo sen esquecer que Israel prefire o ISIS a unha Siria independente. EEUU, ou a chamada coalición, bombardean obxectivos civís, sempre protexendo ós seus terroristas

A QUÉ ESPERAS

A QUÉ ESPERAS

 


   Dados os inmumerables casos de Corrupción do Partido Popular, e o seu inexistente loita contra a corrupción, que nos custa o diñeiro a todos, solicitamos que as persoas que aínda votan a ese partido sexan considerados diminuídos psíquicos, para así conseguir dúas cousas, unha pensión para eles, que sempre nos custará menos que o que nos rouba o seu partido, e que o seu voto non sexa posible xa que queda demostrado que non dispoñen das aptitudes mentais para exercer a responsabilidade de elixir o goberno dun país.

CINISMO

 

  A citación de  RAJOY nos xulgados como testiño,  motivou unha reación airada do voceiro do PP, vinculando ós avogados da acusación co PSOE. Por si acaso, co xudaísmo internacional, cos grandes expresos europeos, coa prensa canallesca e, por  suposto, con  Venezuela. Agora Rajoy di que vai encantado. 

DETIDO IGNACIO

DETIDO IGNACIO

 

  O que foi Presidente da Comunidade de Madrid detido por delitos cometidos durante o seu mandato. Raro día en  que un  do PP non está en papel de oficio. O PP, mais que un partido político, semella unha banda de  mafiosos; porque non se pode falar de casos illados, senón dun xeito de proceder, de saquear o publico. Qué ten que ocorrer xa pra ilegalizalo

 

UN PASAMENTO

 Pepe, despois de darse a bebida, finou por unha cirroses hepática. A súa dona Hermelinda estaba de querida dun gros pansa. Non sei que foi primeiro que Hermelinda se votou un querido porque Pepe se dera a bebida e era un despoxo humano ou; se Pepe se deu a bebida porque Hermelinda lle poñía os cornos cun gros pansa. Case é o mesmo conto que saber que foi antes, a galiña ou o ovo. Como diría a señora María: moito viçio.

SEN ARMAS

 

 Despois de moito tempo,  celébrase o Día da  Patria   Baska sen  armas, ó menos iso parece. Nun acto con gran escenificación propagandística ETA entregou as armas, ó menos parte delas, en moi mal estado, por certo, o que deixa unha dúbida sobre o alcance do desarme. ETA nin se rende nin se disolve, tampouco se sente derrotada, nin se arente de nada;solo o fai por estratexia

MAYORDOMO, PALANGANERO

 

      Maiordomo palanganero, traballos sen mais. Pero algúns personaxes teñen cometidos dañinos pra  humanidade, so estes traballiños os fan algúns persoeiros; poñamos o caso dos ex españois, que lle lambe o cu a Slim e a CIA, iso si, ben pagados, pra conspirar contra Venezuela. Pero por qué Venezuela; será polas inmensas reservas de petróleo, ouro, diamantes, auga, etc. a veces, ser rico trae complicacións, os ladróns están listos pra roubar. En países limítrofes hai bases dende as que se organizan os grupos de rebeldes, que fan disturbios organizados, que recordan á España do 36. Postas as garras en Arxentina e Brasil, esperan facerse co botín de Venezuela, incluso pensaron en utilizar a OTAN. Non hai límites