SEN XENREIRA
Era habitual, durante o franquismo, dar partidos de fútbol, ou corridas de touros, pra entreter ó vu se esquecera dos problemas da vida. Esas prácticas parecen recuperarse polo PP, e plgo ero vindeiro ano TVE dará un partido tódalas semanas. A xente babeará carta os televisores, e uns señores en calzocillos, gañando unha porrada de diñeiro, drogarannos e por uns intres a miseria esvaecese
O que lle pasou á nena en CASAS NOVAS, por falar galego, é froito da política antigaleguista de Feijoo. Non digo que a monitora sexa algo burra, pero a xenocida politica de Feijoo produce estes esperpénticos personaxes. Si é unha persoa normal, seguro que sabía o que facía, e como tal debe responder por humillar e causar un trauma a unha crianza. A actitude de política lingüística non pasa dun postureo e a defensa do menor non se lle ve. Si a xustiza existe debe actuar e non deixar que a indignación ocupe o seu lugar. Semellante feito ten ocasionar a inhabilitación da responsable pra tratar con persoas, especialnte con nenos
Vencia Grecia, España está á cola. A Presidenta do FMI urxiulle a España un recorte nas prestacións e afondar mais na reforma laboral. Nade lle contestou, pero o camiño que nos marcan está aí. Quizá a proximidade dun proceso electoral determine o unánime silencio. Cando as eleccións pasen será o momento de aplicalas recitas. España está lonxe de cumpri-lo déficit. O Estado esíxelle as CCAA que non sobrepasen o 3%, tendo estas a totalidade do gasto social, pola súa contra o Estado está no 7%. Está claro que queren reducir en gasto social. O déficit de caixa impide unha baixada de impostos, pero o goberno quere baixárllelos os ricos, mentres simula baixalos a todos. Cruel comedia
Periga o logrado si se intenta desviarse da política económica do PP. Qué é o que realmente periga : que o emprego creado é temporal, precario e mal pagado. Ocultar que se venden como marabillosos datos que en novembro de 2011 eran catastróficos é demagoxia e populismo. Imos recordar datos da EPA que oculta Rajoy e que fan bo a Zapatero:
Hai un millón mais de parados que o comezo da lexislatura, pero, aínda mais, a EPA di que hai 287.000 ocupados menos e 737.000 parado sen restyación.
Hai 338.000 asalariados fixos menos, aumentan os parados de larga duración: 542.000, hai 36.000 fogares mais sen ingresos, que cando o PP chegou ó poder, en total 1.600.000..
Pechados un 70% dos centros de investigación por falta de financiación.
Incremento da débeda pública nun 34%
Saqueo da ucha das pensións
Pese a dar un PIB positivo hai un empobrecemento da poboación e un recorte de salarios. Ter un traballo non supón saír da bolsa de pobreza.
Disminución dos ingresos do Estado.,
Prestacións sociais laminadas
.Qué periga?¿
Un vigués, que pode ser a mostra de todo-los vigueses, amosaba nun gran centro sanitario o seu enfado polo xeito en cos trata Feijoo co hospital de VIGO. Nos sete anos de goberno de Feijoo non deixou de proclamar que o hospital de Vigo sería de titularidade pública e co nº de camas do proxecto orixinal, a día de hoxe non se sabe nada da fórmula de titularidade, pero si se sabe que solo terá pouco mais da metade das camas prometidas e sen moitos servizos previstos no proxecto orixinal. Con razón, os vigueses séntese estafados e enganados por Feijoo e o que podía ser un tanto pro goberno, trocouse nun revés, como o demostrou nas eleccións municipais. A área sanitaria de Vigo é de 500.000 usuarios ,os servizos teñen que ser pensados en función deses usuarios, n o n da especulación