Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

IMPOSTOS EN DIFERIODO

IMPOSTOS EN DIFERIODO

  Como diría Cospedal, a débeda  son impostos en diferido. O Conselleiro Maior de Contas alertou do alto  endebedamento da Xunta, mais de nove mil millóns de euros. Este nivel de débeda vai condiciona-la política de calquera goberno, do signo que sexa. Si este volume de débeda a poñemos en relación cos ingresos por impostos, obtido polo Tesouro Galego, e por tanto, vemos a capacidade de devolvela, sentimos vértigo ó pensalo.  Chegará o día, de seguir por se camiño, en que a única capacidade Xunta sexa manter acendidas as luces de San Caetano. A baixada impostos e unha socorrida demagoxia, moi útil pra obter rendibilidade electoral, pero con un negro futuro, cada vez mais inmediato, xa non  serán as xeracións futuras, seremos nos mesmos, como os gregos, os que nos coma a débeda,

PUNTOS SOBRE AS IS

PUNTOS SOBRE AS IS


   Rajoy chegou á conclusión de que todo o problema do seu partido era a comunicación. Atopou a solución nomeando a Pablo  Casado, que nos informou de atracos  e  violencia en Grecia por culpa das medidas  do Goberno. A verdade é que o civismo e orde dos gregos é exemplar. Casado, na liña  de  mentiras e desinformación do PP,  Pasouse de freada. Non se lles pode crer nada.
 

AS PUTAS

  No ideario fascista considerábase á muller como o descanso do guerreiro. Ese e o papel de reprodutora eran os papeis esenciais da muller. Ese ideario misóxino esta presenta no vocabulario e conduta do peperos.  Polo que non é de estrañar a propensión de alcalde como do pobo conquense en referirse a portavoz do PSOE da MANCHA como a puta. Pro que xa non atopo explicación e pra conduta das mulleres do PP,  ou da Fiscalía, tan presta a proceder contra presuntas inxurias de hai cinco anos 

DE QUE VALE

 

  De que vale a manifestación de gandeiros en SANTIAGO cando non hai un mínimo de conciencia social e unión entre os gandeiros. Non vale con votarlle a culpa á Xunta , cando o problema esencial esta neles. Moitos son caciques que traballan como muñidores de votos do PP recibindo en pago subvencións. Mentres non se separe a palla do trigo e haxa unión entre os gandeiros, non poderán facer fronte a industria leiteira, e sufriran o agravio de ver como noutros lugares de España se chega pagar o litro de leite 7 ctms mais, sendo o leie galego de mellor calidade

 

BABOSADAS+

  Decía o Ministro MARGALLO que si non houbéramos feito o empréstito a Grecia, o goberno houbera poido subi-las pensións un 48%, baixa-los imopostos etc. Soamente prestamos a Crecia 6.000 millóns o resto ata 32.000 son prestamos de entidades privadas, que os patriota deste goberno avalaron, de tal maneira que se os gregos pagan o o enbolsan as entidades privadas, pero se non pagan os gregos, ten que pagalo o estado español ás entidades privadas. ¡ O Goberno de Mariano ten grandes cerebros economicos. Menudo baboso. A min o que mais me gustou foi que durante a pretendida negociación, o presidente grego sacou a chaqueta e deullela, decindo, quedaivos con ela tamén.

OS RECORTES

  Nos Axuntamentos, algúns, intentaron recorta-los soldos dos cargos electos, tropezaron coa oposición conxunta do PP e do PSOE.  Os recortes parece que solo son pros cidadáns. Algún político, e o raro é que non sexan mais, como o Presidente de  Cantabria, Miguel Ángel Revilla (PRC),  pide que se peche o SENADO , que non vale mais que como refuxio de algún políticos. E suprimi-las Deputacións, que solo son un neal de enchufados

 

TRAGALA

  A humillación de Alemaña ma Grecia foi indignante. A prepotencia e desprezo con que actuou Alemaña non ´se produciu dende a segunda guerra mundial. Non houbo negociaciación, solo unha lista de esixencias perentorias e incumplibles, un xordo monólogo e unha serie de ameazas. O Eurogrupo, como dicía Varufakis, non é un lugar recomendado pra persoas decentes, pero esta decisión é o principio do fin da UE. Grecia, polo seu ben, debe saír do Euro e do dominio de Alemaña, buscar outros socios e outros mercados. Non será doado contar co seu exército, pero ten que coller o boi polos cornos.

SIN UN TIRO

  Nunca Bruxelas contemplou seriamente unha negociación con Grecia, sempre se reduciron as condicións da axuda a unha relación de esixencias impostas por Alemaña. Estamos asistindo a imposición do IV Reich. O problema non é de Grecia, nin onde foi a parar o diñeiro dos dous rescates anteriores, que os partidos irmáns do PP e do PSOE saberán o que fixeron con eles, o problema de Europa é Alemaña.  A chanceler alemán Ángela Merkel nun acto organizado por Deutsche Bank en Berlín,   sede dos ’xefes’ da Fürheresa deixou ver nunhas declaracións, que se dispón a consumar a ocupación definitiva de Europa por Alemaña, por terceira vez na historia, nesta ocasión sen disparar un só tiro, pero con tanto ou máis sufrimento para os pobos ocupados que nas anteriores ocasións e, dende logo, con moitas menos esperanzas, porque os países sometidos ven como os seus dirixentes son colaboracionistas co IV Reich. 

NON HAI VERGOÑA

  Hai que ver o que se sabe o portavoz do PP  A estas alturas non é necesario recordar o catálogo de problemas que se acumulan sobre as costas dos cidadáns gregos. Pero o portavoz do PP, Pablo Casado, engadiu unha máis ao afirmar que o corralito provocou en Grecia unha ?ola de violencia e atracos inusitada?. Salvo el, ningún europeo coñecía esta explosión violenta. Todo o contrario, o inusitado é o civismo do que os gregos fixeron gala.

 

NON HAI VERGOÑA

  Hai que ver o que se sabe o portavoz do PP  A estas alturas non é necesario recordar o catálogo de problemas que se acumulan sobre as costas dos cidadáns gregos. Pero o portavoz do PP, Pablo Casado, engadiu unha máis ao afirmar que o corralito provocou en Grecia unha ?ola de violencia e atracos inusitada?. Salvo el, ningún europeo coñecía esta explosión violenta. Todo o contrario, o inusitado é o civismo do que os gregos fixeron gala.

 

EMPEZA A CAMPAÑA

EMPEZA A CAMPAÑA

   Arebaixa de impostos que vai face-lo PP, cando se aparta do cumprimento do déficit, parece que non ten sentido. Mais cando solo beneficia ás rendas altas. A rebaixa do IRPF, a maioría das rendas, que son as de salarios baixos, solo lles supón entre cinco e sete euros ó mes; as rendas altas, pola contra, suponlles mais de cen euros ó mes. O truco está no efecto psicolóxico, a xente cree que lle baixan os impostos e que  iso non vai afectar ó servizos, porque ó goberno lle medran os cartos.  

POR QUÉ

POR QUÉ

 

  Por qué o PP deixa unha débeda tan grande alí onde gobernou. Caso famoso o do axuntamento de Madrid, o axuntamento mais endebedado de España, o da Coruña, Comunidade da Mancha, de Valencia, etc. Si nesas administracións se privatizou todo, independentemente da mala xestión, hai leccións que aprender , e se debe privatizar  solo o que  non funciona como público

 

VELLOS PRIVILEXIOS

VELLOS PRIVILEXIOS

 

 

  O PP e o PSOE non están acordo  cos recortes salariais nos concellos e votan conxuntamente en contra.  Eles non entenden o   do servizo ó pobo, senón que entenden a política como un xeito de vivir á costa do pobo. Son profesionais   da política

OS ERDEIROS

OS ERDEIROS

  Os erdeiros dos heroes  das Termópilas e de Alejandro Magno. Os inventores da democracia e da cultura occidental, falaron. As vellas e oxidadas Institucións europeas, emperradas en impoñer un trágala a Grecia, pra logo propiciar, co seu terrorismo financeiro, un golpe de estado. Aínda que reza o vello principio de que na CE non caben ditaduras, o certo é que prefiren unha ditadura que sirva ós seus intereses que a democracia. De feito o referendum grego suscitou unha unanimidade de  oposición nunca lograda, todo polo medo as furnas. Mesmo algunha político, como os do PP español, non tiveron miramentos en afirmar, dende as súas convicións antidemocráticas,  que  as furnas poden ser  perigosas

 

RAJOY A MÁQUINA

RAJOY A MÁQUINA

  España vai en cabeza da recuperación económica en Europa, unha recuperación que solo RAJOY ve. Fai poucos días, o BCE viuse obrigado a facer unha acción de apuntalamento extraordinario, acción que sería impensable si o Eurogrupo non tivera aberto o fronte grego. Os españois temos dereito a saber que pasou. Que Rajoy ou De Guindos nos lo expliquen; pero vai ser que non, e unha manta de silencio, coa complicidade da oposición, o  cubrira todo. 

UN RESPETO

UN RESPETO

 

  Na loita de David contra Goliat, que sostén o goberno grego coa Troika, mófanse dos seus esforzos pola  defensa que fai  de Grecia, deséxanlle unha derrota nas furnas, pra escarmento dos demais europeos Xa puxeron en marcha toda  a maquinaria, dende o chantaxe, os medios de comunicación e as redes sociais Están humillando e chantaxeando dun xeito infame a Grecia. ATroika mantense inflexible, mentres solta, xunto cos EEUU, dólares a esgalla a Ucraína, un estado totalitario e golpista. Son de vergoña algúns comentarios feitos por descerebrados e lakaios da Troika.. Non se preocupan de saber por qué maxia a débeda proivada  se trocou en débeda pública. Solo un 10% do rescate chegou os  petos dos gregos, a maioría a bancos alemáns. Si o de Ucraína responde a cuestións xeopolíticas, Grecia pode estar nunha situación similar e EEUU xa llo fixo ver ´Comisión, non convén leva-la ó límite. O FMI xa recoñeceu que a débeda é impagable, e non se lle debe obrigar a un doente  seguir tomando a medicina que o está matando.   Europa é un club financeiro, esquecendo a parte social, non hai solaridade entre os socios. En QEEUU non se deixou caer California, e o problema era meirande,   A firmeza de Europa cun país pobre e pequeno quixerámola ver tamén cando se insolenta un grande. A  dignidade europea ofendida nos casos de espionaxe solo mereceu  carantoñas, espaventos, visaxes e un par de pucheritos. 

NO SE CREA EMPREGO REPARTENSE HORAS DE TRABALLO

NO SE CREA EMPREGO  REPARTENSE HORAS DE TRABALLO

   Á espera do que nos diga a EPA. Os datos do emprego do pasado mes dan unha diminución do paro: non é unha mala noticia pra un goberno que precisa alegrías, tampouco pros cidadáns, sobre de todo pros que viven a traxedia do paro; pero na casa do pobre as alegrías son poucas e sempre traen algo que as agrea. O número de cotizantes á seguridade social medra, pero a suma global do que cotizan baixa. Iso quere dicir que o emprego e de escasa calidade, ó que se suma a temporalidade dos contratos. Asínanse contratos por catro horas diarias, que marcan a cotización, esixíndolle o traballador 9 horas. Extínguense contratos fixos e de calidade pra sustituilos por contrato basura. Imos a creación dun mercado laboral da explotación indigna do ser humano

DEVALADAS

DEVALADAS

  Quen di que Feijoo é un burro pode estar errado, Feijoo é preso dos que o auparon ó posto, e fai o papel que eles esperan de el, e moi ben, por certo. Como non podía ser de outra maneira, aproveitou a ocasión que lle brindaba o acto de entrega des medallas CASTELAO pra soltar un dos seus discursos partidistas, proclama-la súa verdade e insultar ós que non pensan como el. Negou, malia ós abrumadores feitos, que el marxine ó galego, o que negou utilidade, pra negar validez democrática ós alcaldes das MAREAS. É difícil compartir un acto Institucional con que non sabe, nin quere comportarse con un mínimo de ríspeto. De aí  que comprenda a postura do alcalde de Santiago. O que non entendo é porque ós alcaldes insultados e outros representantes soportaron as súas babosadas e non o deixaron plantado. As  medallas CASTELAO consígueo devalalas e deslucir a quen as recibe    

AVISO A NAVEGANTES

AVISO A NAVEGANTES

 

  A Troika quere que Grecia sexa un exemplo do que lle pasara a quen desafíe o trío. Non se trata dunha cuestión de razón, senón de autoridade; de deixar claro quen manda. Dende un principio seguiuse un guión que nunca tivo por obxecto axudar a Grecia, senón a poñela de xeonllos e facerse co pouco que ten, esqueceuse a xente e o importe do rescate, cuns xuros leoninos, foi a parar a  rescatar bancos e fondos de inversión privados . A igual que Grecia, os demais países que se resistan a ser explotados, corren a mesma sorte. Se cae Grecia caeran os países periféricos. ¿Entón porque Rajoy é o mais duro con Grecia, si a España lle pode pasar algo parecido. Moi doado, a Rajoy non lle importa España, senón a  camarilla á que serve, e non quere que PODEMOS  faga o mesmo que Syriza, por iso precisa que Syriza fracase. Grecia non é ningún polizón, vai no barco de Europa, por mais que se empeñe  algún malnacido

   

O´BICO DA MORTE

O´BICO DA MORTE