Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

CAMPIÓNS

CAMPIÓNS

 

  O goberno vai acoller , en principio, a 25.000 refuxiados sirios, 25.000 mil persoas non van ser un problema que nos arruíne, porque arruinados xa estamos . Somos o terceiro país de Europa en número de refuxiados sirios acollidos, por detrás de Alemaña e Francia. Iso demostra que somos un país grande, grande en quixotadas; porque por mais sirios que acollamos non deixamos de ser un país de pandereta. Hai un temor,  que se intenta minimizar, a que entre os refuxiados se escondan yihadistas e que estemos metendo na casa un cabalo de troia, varios países da CCE néganse a acollelos. Sería desexable que non teñamos que darlles a razón 

NEOFRANQUISTA

NEOFRANQUISTA

    Hai neofranquistas que paren sacados dunha páxina senistra, que son tan malvados que non parece reais; é o caso da concelleira de Sanxenxo María Deza, que non tolera as críticas de  corrupción do PP,  ameazou á oposición e lamentou que non houbera un Franco pra que os matara. Parece impopssble que na vida real haxa estes enxendros. pero a realidade supera á ficción. e aí está, sen bozal.

PITIUFOLANDIA

  Algún día Pitufolandia era coñecido polo país do millón de vacas. Chegou un momento, baixo o goberno de Gargamel en que  as vacas foron desaparecendo da pel do país. Cada día unha granxa desaparecía. Os pitufos pedían a  Gargamel que os señores de Pitolandia foran mais xustos con eles, que lles permitiran vivir e gañar o xusto pra paga-los créditos . Algún pitufo tubo que suicidarse por non poder pagar os  créditos. O país xa solo tiña pouco mais de cincocentas mil  vacas, a miseria era cada día mais grande. Gargamel vivía no seu pazo, sen  interesarlle o que pasaba en  Pitufolandia.  Cansados de pedir xustiza, seguiron os consellos dun sabio pitufo. A XUSTIZA CONQUISTASE. E deixaron as súas granxas e foron polo país berrando a inxustiza. 

 

CATÁSTROFE

CATÁSTROFE

Galiza foi a comunidade autónoma que mais recortou en sanidade. O Sergas suspendeu multitude de  operacións , incluso cando os pacientes xa estaban no quirófano, por falta de  material quirúrxico. Nelo tamén coincide a política de incentivar ós doente á sanidade privada, poñéndolles dificultades na pública. Despois do fracaso das Fundacións, Feijoo vai mais aló, xa sen tapuxos os hospitais serán de propiedade privada e pagarase os promotores un elevado aluguer.  En cinco anos a inversión está amortizada, logo todo é ganancia. A construción do  hospital de Vigo paralizouse pra presiona-la Xunta e multiplica-los custos. Outro goberno houbera rescatado a concesión. Por qué o PPg non o fixo. Os construtores eran dos seus, e falta or ver a participación do PP no negocio. Na fase final, melloradas as condicións económicas, as construtoras deron un sprin.  Tratábase de poñer o hospital en marcha, sen importa-la calidade, pra cobra-lo canon.     

 

OS INVISIBLES

OS INVISIBLES

     

  En España hai trece millóns de pobres, moitos en pobreza extrema; mais de cinco millón de parados, un elevado número sen ningún tipo .de prestación; fogares sen ningún tipo de ingreso, con tódolos membros en paro. En cidades como Madrid ou Barcelona, hai miles de nenos que non teñen que comer. Familias desafiuzadas.  Os comedores sociais está desbordados. Toda esta xente desapareceu das noticias, deixaron de existir pros gobernantes. A preocupación de moda son os inmigrantes. A alcaldesa de Madrid ofrécelles casa e unha paga de 400 euros. Son demagoxias que crean mais  xenofobia e pasaran factura ós demagogos. Si tan solidarios se senten, por qué non dan, ó menos, un carro de comida ó mes ós que nada teñen, ou solo queren utilizar ós inmigrantes pra lavar conciencias   

RECORDOS QUE DOEN

  As hemerotecas son un instrumento que permite situar a un personaxe ante feitos similares no pasado e comparar as súas actuacións no presente.  Todos temos presente cando Feijoo criticaba ó bipartito  polos incendios forestais e aparecía  nunha foto con roupa  dos domingos e mangueira de xardín en ristre, apagando un incendio forestal. O incendio de Cualedro, con tres mil hectáreas queimadas, é o resultado do abandono do campo  e a falta de prevención. o Paro, co que ia solucionar en tres meses xa vai por 273.000 parados, a metade deles sen prestación algunha. O agro languidece, a sanidade chega ve-lo que pasa en Vigo. Unhapena de país.

 

 

DE QUÉ FALAN

DE QUÉ FALAN

 

  Rajoy e MERKEL aparecen en animada conversa, na visita de pleitesía e pra recibir ordes da xefa..Merkel non fala español, Rajoy non fala alemán nin inglés. De qué falaban, pois. Posiblemente de  que nos aperte mais a soga, do pagamento do rescate bancario, do déficit, do paro, dos inmigrantes. Pode ser

 

CONTAMINACIÓN

CONTAMINACIÓN

  Vigo, que é primeira cidade de GALIZA non merece o que fixo Feijoo co hospital. Doentes da UCI do hospital Alvaro Cunqueiro foron devoltos ó vello hospital diante das carencias e perigos do novo hospital. Unha doente internada no Alvaro Cunqueiro ven de morrer contaxiada por aspirgillus. As intervencións quirúrxicas suspendéronse por o perigo da contaminación. Unha empresa, do entorno do PP, certificou a garantía de que todo estaba en orde. Feijoo non quere comparecer no parlamento e a Conselleira de Sanidade con un par de... declara que non ten coñecemento de graves irregularidades. Feijoo debía ser declarado perona non grata en Vigo.

 

DRAMA E NEGOCIO

  O problema da emigración non existía   cando lle afectaba só a España, incluso lle reprocharon as devolucións en quente. Agora que afecta os ricos o problema existe .E un drama pros emigrantes e un negocio pros que trafican con eles. Un emigrante pode chegar a pagar 9.000 euros por alcanza-lo  paraíso europeo, iso comprende toda a viaxe e apoios que precise como son  supostas ONG  e influencias na opinión. Tamén é negocio pra patronal, a abundancia de man de obra, abarata o traballo.. Iso debeu pensar Merkel, hasta co asunto se lle foi das mans e agora non sabe que facer con eles. Tamén é un drama pros moitos parados e xente en pobreza extrema, xa non se fala deles, deixaron de  ser un problema pros gobernos. Hai que ver o problema con realismo, Europa pode admitir un número determinado, pero non pode   absorber  África e Asia. Cando falan con demagoxia do problema, pónseme  a pel de galiñiña. 360.000 inmigrantes en pouco tempo xa se pode considerar unha invasión, mais cando é xente que non  vai asimila-las nosas costumes e veñen coa idea de combatela       

UN SAQUEO

 Os rescates que a UE concedeu a Grecia foron a parar case n a súa totalidade ós acredores, bancos alemáns e franceses, o pobo grego non viu un euro. Agora que votaran por un goberno que non é do gusto da TROIKA, intentan esganalos e saquear ó país. Rajoy é un dos peores inimigos de SACYRA, e oponse a que lle dean tregua a Grecia. Pola contra, Ucraína que ten un goberno golpista, conta co apoio da TROIKA. Os acredores conceden a Ucraína o que se lle nega a Grecia: unha quita do 20% da súa débeda e aprazar os pagamentos Catro fondos de investimento estadounidenses, a Unión Europa e o FMI condonan 3.800 millóns de dólares dos case 20.000 que debe. Rusia, que espera un pagamento de 3.000 millóns en decembro, non entra no acordo.

 

OS VELLOS, UN PROBLEMA

                                                           

                           

   Dicía a presidenta  do FMI que os vellos eran un problema pro sostemento das pensións, tardaban moito en morrer e o sistema non pode aguantar. O Goberno xa quere sacar fora do sistema a viuvos e orfos. Os nosos pensionistas, escoitando  o Goberno e o FMI, senten a culpa de que o país non despegue; eles son, ó  parecer, outro gasto que non nos podemos permitir. En España estamos lonxe de dedicar ás pensións a media da UE, esa é a verdade. Outra mentira é chamar gasto as pensións, cando os pensionistas cotizaron pra súa pensión e o Goberno do PP, coa súa reforma laboral, pon en perigo as pensións, quedando en entredito e o descuberto a mellora económica

 

EMPURRANDO

EMPURRANDO

   No pasado ano, o número de intervencións canceladas foi de CINCO MIL. O caso do doente, ó que lle cancelaron a intervención, logo de ser anestesiado e esperar mais dunha hora no quirófano. O motivo parece que foi a falta de material. Esta causa é moi frecuente. Onde vai a parar o material?  Ónde van caros instrumentos, quén é o responsable?. Sen dúbida os dirixentes non poden facer  como si non pasara nada. É isto o principio da liquidación do sistema público, coidadosamente programada polo PP?. Pobo esperta, estante roubando.

O FANTASMA

O FANTASMA

 O debate parlamentar carecía de interés,  pero hai algo curioso, o PP ten un fantasma; o espírito de Zapatero está  presente e tódolos males imaxinables sonlle atribuídos ó político socialista. A razón de esta obsesión non é baladí.  Rajoy gastou a ucha das pensións que deixou Zapatero, incrementou a débeda dun 74 a un 102 % do PIB, puxo en perigo as pensións coa súa reforma laboral, retrocedeu en conquistas sociais. Todo iso solo se explica votándolle a culpa a algún inimigo, como no mais florido do franquismo. Ese inimigo non pode ser outro que Zapatero, con hai que comparar a xestión de goberno. 

 

OS TRESCENTOS

  Non son os 300 espartanos que defenderon oi paso das Termópilas . O PP g pra que non se lle escape o voto rural pon unha proposta ós gandeiros, daralles 300 por vaca, non se ten en contra a produción, a eficiencia da granxa, etc; chega con ter unhas vacas, sen importar a calidade, nin a produción. Mellor malas, así xa non hai nin que  muxilas. As granxas mal xestionadas pecharán cando as axudas non cheguen, por iso a Feijoo non lle interesa un prezo mínimo do leite, pra que se sosteñan solas., interesanlle esmolas electorais pra cultivar o voto cautivo. Acabou coa indusria, está no da pesca, agora tócalle á agricultura. Está convertendo  Galiza nun deserto, co lume como emblema

 

DOBRE ASASINATO

DOBRE ASASINATO

 

 A decisión da Fiscalía que desestimou a denuncia contra o portavoz do PP, Rafael Hernando, o alcalde de Baralla, Sr Capón, e outros peperos, que insultaron a familiares e vítimas do franquismo, pon de manifesto que Franco segue presente aínda hoxe. A humillación das vítimas do franquismo polos citados e o apoio da Fiscalía, supón que de novo os fusilen e os abandonen nas cunetas.  Os neofranquistas non queren a reconciliación, queren perpetua-la ignominia e o terror

AGONIZANTE

AGONIZANTE

  Os peperros chegoulles unha lexislatura pra esgotar a ucha das pensións e ter descapitalizado o sistema ; como xa non teñen de que votar man, ocórreselles alixeira-lo pasivo, votando fora as viúvas e os orfos .os beneficiarios das pensións son unha clase social moi sensible, pero os colectivos de viúvas e orfos son un colectivo que pode caer no desamparo, especialmente vendo a pouca sensibilidade social do PP. O primeiro paso pra votar forra do sistema a estes colectivos vaise a dar, o que resulte co tempo hase ver. Nada bo. A principal causa dos escasos ingresos da  SS é a reforma laboral do PP, que suprimiu postos de trallo de calidade por emprego precario e escasa cotización á SS.

 

MALA LEITE

   Por qué saen os tractores á rúa. A resposta mais sinxela é por culpa dos prezos do de leite. Neste país dun millón de vacas as cousas son mais complexas. Dicía Feijoo, cando o prezo do leite se pagaba por riba do custo de produción e el estaba na oposición que o bipartito non apoiaba ós gandeiros, agora que está por debaixo do custo de produción, nin lle preocupa. Pra mais agravio e incomprensión, noutros lugares de España, pagan o leite 7 cms mais o litro. En Francia hai un prezo ,mínimo. En España o PP alega que non se pode establecer un prezo mínimo, que a UE non permite alterar a libre competencia. Claro o CARTEL da industria parece que non o ve. O PP favorece á industria fronte os  produtores. Feijoo intenta contentar ós produtores mais influentes do sector mediante subvencións pra que controlen o resto. Con esta política centos de explotacións gandeiras pechara; pero que lle pode importar a un Feijoo que fundiu a industria, o naval, a pesca e os servizos,  Galiza téñena por unha letrina

INSISTEN

INSISTEN

  Dende o goberno insisten na mellora da economía española, salvo datos macroeconómicos, que se centran no crecemento dos beneficios beneficios do capital, ningún indicador económico nos permite ningún optimismo. As rendas do traballo retrocederon moitos anos e, lonxe de esperar unha melloría hai a certeza dun deterioro maior. Non hai recuperación de emprego, solo reparto de horas de traballo a menor salario e mais precariedade. As políticas socias, mais necesarias que nunca, son as grandes ausentes. Son os grandes  éxitos do neofranquismo,  e mentres o PP siga facendo propaganda e mentindo, a verdade ten que ser unha constante diaria e ser proclamada

 

REXENERANDO

 A nade se escapa que a política española precisa sacala do pozo inmundo de corrupción que a afoga pra que respire aire  fresco e  España sexa un país san, que atope o tan necesitado vieiro do desenrolo. Tan unánime é o clamor que ata o PP fixo a promesa de facer unha rexeneración. O membros to Tribunal de Contas foron orientados polo PP sobre como tiñan que facer a renovación. Os Maxistrados que van a instruír o caso GÜRTEL desempeñaron cargos propostos polo PP, Rato é recibido durante unha hora polo Ministro do Interior, o Ministro de Industria fai política favor das eléctricas, etc, Ten unha credibilidade como o do código ético de Feijoo. !Que cheiro!

MAUSOLEOS

 

 Despois de que sexa unánime o recoñecemento de que o Gaias é inviable, urxe tomar a decisión mais unánime posible sobre o fin do proxecto. Seguir coa construción do que falta do proxecto sería un desatino, pero tamén o é o mantemento do construído. Así que non é baladí buscar unha nova finalidade. Dende crear un centro de investigación, reconvertelo nun hospital especialiado, construí-la sede dos servizos centrais da Xunta, abandonando as obsoletas instalacións de San Caetano, ou tamén, como propuxeron  en tono burlón: Así que, para reciclar tanta miseria, hai dúas solucións. A primeira, converter o Gaiás nun parque temático do botafumeiro, para que as masas de turistas-peregrinos poidan velo sen entrar na cidade, gañar un simulacro de xubileu e escapar como foguetes cara ás Rías Baixas, deixando en paz a santa catedral. E a segunda consistir en trasladar alí a Facultade de Ciencias Políticas, para que os alumnos aprendan in situ o que non é política e xamais se debe facer. Tamén podería ser unha experiencia obrigada para que as xeracións futuras de galegos aprendan o caros e inútiles que resultan os políticos milagreiros. Pero para este uso, supoño, non haberá consenso.