QUÉ OCORRE?
EEUU e Israel crearon o menstruo do estado islámico pra combater a grupos árabes, pero fóiselles a man. O EI é unha organización de dementes moi ben engraxa. Acabar con este menstruo custará millóns de euros e moitas vidas. De iso se trata das ganancias da industria armamentística. As vidas que se sacrifiquen non serán dos que crearon o problema, pra iso están os pobres. As atrocidades que está cometendo o EI sérvenos pra darnos conta que o mundo está gobernado por cabróns
Rajoy oe ben, pero non hai peor xordo co que non quere oír. O debate era como se agardaba, un diálogo entre xordos, no que cada un le un guión, sen importa-la realidade do país. Rajoy tiña que dar contas e os outros examinalas, pero parecía que Rajoy pintaba un país, que solo existe na súa imaxinación e encima abroncaba á oposición. Perdeu os papeis cando lle dixo que España fora rescatada, en contra do que dicía Rajoy. Notouse a fenda xeneracional. O s insultos e malos modos afloraron, nada de luvas brancas. Non se agardaba ningunha solución, pero foi patético, cun ofrecemento dunhas migallas ós posibles votantes, todo en clave electoral.
Rouco dixo que quería unha airexa pobre. Vista a actuación do elemento queda claro que cando se refire a unha airexa pobre, refírese á que quere uns feligreses pobres. O clero é outra cousa. Quere que o clero viva na opulencia do pasado. Por iso el vive nun ático de 400 metros no centro de Madrid, e que gastou en acondicionalo o seu gusto 500.000 euros. 600 familias, de promedio, son desafiuzadas diariamente e quedan n a rúa. Cando Rouco vos pida que marquedes a casilla da airexa na declaración da renda e que votedes ós seus, facédelle caso.
Unha muller tiña uns cantos burros, que lle gastaban pouco, pero ela aínda pretendía que lle foran mais económicos, polo que lles foi recortando á comida hasta que solo os animais comían dous días á semana. Cando aínda pretendía mais recortes, os burros morreron coa fame, vítimas dos recortes avarentos da súa ama. O mesmo lles pode pasar ós países da Europa pobre. Os que maman na teta non recortan o seu, e a señora Merkel quere mais recortes. Os peperros cobran sobresoldos, a corrupción e mais grande que os recortes. Tampouco os outros partidos queren reduci-la súa ración, os cidadáns xa non poden aguantar mais recortes, o final morreran coa fame, e nin a Merkel, nin os parasitos dos políticos terán a quen explotar.
A previsible perda do poder. O PP leva a cavo unha frenética reforma e acelaración da privatización da sanidade, de tal xeito que ó goberno que entrante se lle faga imposible, ou moi difícil eménda-la política do PP en sanidade
A Merkel semella un xeneral nazi e pretende ter a Grecia de xionllos e impoñe-la exemonía xermánica sen mais consideración que a súa visión miope da política. Non é unha estadista de talla internacional, é unha política doméstica, a que lle preocupa soamente a política interna e que os demais estén unicamente o seu servizo. Agás Rajoy, hai unha idea unánime dos países da Unión pra permitir respirar a Grecia. Os gregos votaron unha opción política a que lle deben dar unha oportunidade de devolver a ilusión ó país, fronte ós que levaron o país á miseria e a humillación. Merkel o que está conseguindo é aglutinalos gregos o se líder e amosa-la a súa vena fascista, non solo polo apoio a rexímenes como os de Ucraína e Lituania, senón pola súa política de soberbia e imperialismo. A lección é sinxela, da igual o que se vote, Merkel decide.
Os gregos foron literalmente humillados pola UE. Fai anos que cometeron o erro de perdoarlle a débeda a Alemaña, agora volveron a comete-lo segundo erro, que consistiu en desafiar á Merkel. Polo xeneral a Merkel témenlle en Europa, ela é a que marca as directrices da política europea, todos bailan o seu son, e os que se atreven a levarlle a contra ponos firmes. Neste momento había unha tímida compresión dalgúns países da UE a postura grega, pero Merkel amosouse, dende o principio, inflexible e soberbia. O mais salientable foi o papel de Mariano Rajoy, que non soe levanta-la voz, pero neste caso parecía co mordera unha víbora e quería comerse ós gregos
A banca diminúe o salario dos seus traballadores e paralelamente incrementa a dos seus Consellos de Administración. É un Estado dentro do Estado, impoñendo regras. Nalgúns casos con xubilacións escandalosas e beneficios obscenos. Con todo o mais doloroso é o espolio ós cidadáns, que teñen que pagar dos seus petos os erros e mala administración da banca. A banca converteuse nunha especie de cinche doméstica que chucha ó sangue dos cidadáns, pra abandonalos cando xa non teñen nin sangue sangue. A banca, que debía canaliza-lo aforro hacia a inversión, mudou pola cómoda e mais lucrativa espoliación da riqueza do país. O gran erro do Goberno foi non deixala quebrar, pero estes políticos débenlle demasiado á banca
As subvencións a Fundacións de partidos políticos non sofren recortes, medran. FAES incluso ten mais, tanto que non saben que facer cos cartos, incluso queren crear posgrados. Tamén os asesores, medios de comunicación e propaganda viven na abundancia. Mexan por nos e xa non podemos protestar, está prohibido. Temos que dicir que chove.
O PP inicia unha guerra tributaria e de desprestixio contra PODEMOS. Todo o PP se implica na guerra acaudillada por Montoro., incluso os culpan dos recortes nos servizos sociais, polo presunto fraude á Facenda de Monedero, que pode supoñer 80.000 euros de cuota. A culpa, dende logo é de Monedero, a nade se lle ocorre gañalo diñeiro fora e traelo pra España, o normal sería roubalo en España e levalo a parasos fiscais. Non son culpables os moitos casos de corrupción, o rescate bancario, o fraude xeneralizado de grandes contribuíntes, o sostemento de un Senado, 50 Deputacións, dunha Casa Real, da Airexa e de multitude de concellos e órganos consultivos, así como unha lexión de asesores, privilexios e boatos
Parece unha tenra historia de amor. A realidade é que o poder os une, son como almas solitarias que se unen na tormenta dun poder convulso. Chegara o día, que xa parece próximo, en que un sen o outro non son nada. Comerán xuntos, non por veceira, como fan agora. Hoxe é o mellor día pra imaxinalos xuntos
O PIB de España pode medrar este ano un 2,3%. O dato podía ser bo, pero o PIB sobre o que se calcula o crecemento non deixou de baixar os últimos anos, ademais o crecemento do non se nota na rúa, vai directamente pros especuladores e pros beneficios das empresas. España é o país da UE onde mais creceu a desigualdade. Xa temos trece millóns de pobres e 2.400.000 nenos en fogares sen ingresos. O mais curioso é que hai familias, que sen necesitalo, son profesionais das axudas públicas e arrasan con todo. Somos un país distinto
Rajoy dixo que non coñecía ó país de pobreza e miseria do que lle falou Cayo Lara no Congreso. Por fin admite que non coñece a realidade. Il vive nun mundo de fantasía, que solo existe pro PP. Seis de cada sete españois viven ben, os outros non contan. Revimos as Españas de Franco. A dos sublevados e os seus erdeiros, a que resiste e que vive na realidade dolorosa da miseria. Parece que a guerra do 36 continua nunhas agonías de miseria que os vencedores da rebelión manteñen no tempo. Que miseria de país, cos seus 13 millóns de pobres
Pese ós recortes , o cumprimento do déficit está cada mais lonxe. O problema esencial é que entramos nun ano electoral e o PP non quere arriscarse a perder mais votos os pringados. porque a clase non lle recorta, nin lle esixe, fai o que quere. A última enquisa xa situaba ó PP a 7 puntos de PODEMOS, situándose nun 2º posto, con pouca vantaxe sobre un errático PSOE. A política de recortes recaeu sobre a capa social produtiva e deixando intocables Institucións e privilexios de elites. Cecais que PODEMOS non solucione moito, chega que non a cague. Peor que o PP e o PSOE non o pode facer. Iso seguro.
Parece que o aumento de retribucións ós asesores non están suxeitos a ningún límite. E así os incrementos salariais poden chegar a mais dun 30%; pero se iso non chegara pra escandalizarnos, o seu número non ten límite, nin están suxeitos a calificación, nin titulación académica, por iso non é de estrañar o alto número de asesores, sen sequera o graduado escolar. Razón pola que parece lóxico que Wert queira devala-los estudos universitarios
Mariano sente que lle moven a cadeira, que á porta da Moncloa hai un novo inquilino que quere votalo fora. O PP e o PSOE, senten medo de quen é un novo competidor, que lles pode coller a teta. Montoro esquécese dos grandes defraudadores e emprega os escasos recursos en investigar á cúpula de podemos. Soraya culpa a Monedero da falta de fondos pra pagar servizos sociais. Todo moi subrealista
O problema real de Europa non é Grecia, pola contra agora pode se-la solución. Merkel impuxo a Europa unha política de austeridade, sen importa-lo crecemento. Unha política que apoiou Francia, hasta que se deu conta que o lume se lle achegaba. A Merkel coa súa presión, sen límites, pode crear un problema moi grave, non solo na UE, senón en Occidente. Dun xeito similar, salvando as distancias, pasou con Cuba. O que fixo EEUU foi crear un réxime comunista, en lugar dunha democracia. Os gregos están ó límite e cansos de que a teutona os humille. Rusia e China están ó quite
Crespo foi inmensamente útil pra manipular as cifras do paro e outros manexos, pero cando a súa compañía podía traer complicacións, os amigos fuxiron como as ratas e lanzárono os leons. Agora tira dardos como: «a corrupción crónica e a deslealdade xeneralizada». entende que os cargos públicos que durante anos lle axudaron a organizar cursos lle viraron as costas cando descubriron que estaba a ser investigado. E así o resolve, apelando ó que di ser o seu conseguidor: «Traballaba con Pachi Lucas porque ou estas cos amigos ou non traballas». Clarísimo
Polo menos hai interpostos dez pleitos contra España polas renovables. O Ministro Soria privatizou o sol a favor das eléctricas en prexuízo das inversións feitas en renovables. Da súa política de defende-los intereses das empresas privadas da enerxía eléctrica derivouse unha expropiación de dereitos das renovables e, de feito, a privatización do sol en favor das eléctricas, coa paralización de tódolos proxectos de enerxías impas. As consecuencias son eses pleitos internacionais, nos que terminará condenada España, pero non o PP , como debera ser.