Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

COMO UNHA ONG

COMO UNHA ONG

  Os disparates do goberno sempre son superados pola seguinte; a comparación dunha ONG co PP, non solo é aberrante é un insulto. Entérate  Montoro e co sepamos todos:Cáritas reparte alimentos entre os pobres. O Partido Popular reparte sobresoldos entre os seus dirixentes.Máis da metade dos fondos de Cáritas proceden de particulares e empresas privadas. Máis do 90% do presuposto do PP sae do diñeiro público

 A lista de empresas doadoras de Cáritas e a contabilidade desta ONG está publicada na súa páxina web. A contabilidade do PP e os seus doadores están a ser investigados na Audiencia Nacional.
 Cáritas non recibe donativos sen xustificar nin pagou a súa sede con diñeiro negro. O PP, si.
 As contas de Cáritas están fiscalizadas polos inspectores de Facenda. As do PP, polo Tribunal de Contas, que controla o propio PP.
 O ministro de Facenda criticou duramente a Cáritas polos seus informes sobre pobreza infantil.  O Ministerio de Facenda defendeu vergonzosamente o PP, a pesar de manexar diñeiro negro sen declarar

 Cáritas nútrese de voluntarios, moitos dos cales non cobran polo seu traballo en plena crise. O presidente do PP subiuse o soldo un 27% en plena crise.
Ningún xerente de Cáritas ten contas en Suíza. Case todos os tesoureiros do PP foron procesados por corrupción.

 

LEIS INXUSTAS

  Aínda que non sexa politicamente correcto, hai que denunciar que a lei de Violencia de Xénero é inxusta e  aberrante  Condénase ós homes por ser homes, non por ser culpables. Non se pena, no mesmo plano, a violencia sobres os maiores, e escandalosamente ignora calquera tipo de violencia doméstica, que non teña por vítima a cónxuxe muller. O ano pasado morreron en España, asasinados polas súas cónxuxes, 30 homes  fronte a 55 mulleres. A vida de calquera ser humano debe valer o mesmo, pero na lei non se ve así. Mais de dos terzos das mulleres asasinadas on denunciaran malos tratos, o cal evidencia que as verdadeiras vítimas non son as que denuncian, senón aquelas que pretenden ter unha vantaxe no combate doméstico. As leis inxustas xeran mais violencia. Un porcentaxe da poboación reclusa de España está formada por homes acusados de violencia doméstica, moitos acusados indebidamente. Cando nun matrimonio se aprecia  violencia física, ou psicolóxica debe procederse á disolución do vínculo e a protexer, de habelos, as crianzas, ou os maiores. O demais debe adoptarse coa máxima cautela e sen dar vantaxes

 

DE RAZA

DE RAZA

 A Monedero móntanlle un follón e incrépano nun vo a Suíza. Acusábano de ir levar cartos a Suíza. A explicación  do suceso ten a súa lóxica. O que montou o follón é un sobriño  dun personaxe que foi tesoureiro do PP. Pra el solo se ía a Suíza a levar cartos, que sospeito era o motivo da súa viaxe. Dentro do seu pensamento lóxico era normal que pensara que Monedero facía a viaxe polo mesmo motivo . Normal cando ao cerebro está recheo de chourizo. Que dirían os peperros si alguén doutro partido frecuentara a compañía dun narco, como fixo Feijoo.

 

PARON

PARON

  

  A paralización das obras do AVE e o adebedamento das certificacións de obra, forzan ás empresas contratistas a despedir persoal. Nun ano electoral como este, é bastante inosual a paralización das obras. Pero é un feito que Fomento non ten un euro pras obras do AVE  a Galiza, que o diñeiro que había foi desviado pra outros lugares, e que as empresas contratistas xa non poden fiar mais a promesas e ven que o panorama electoral non é bo pro PP. O goberno que salga elixido terá que paga-la conta, o cal non é de todo seguro que o faga, xa que non solo as débedas do AVE, Fomento deixa un furado negro. Non sei si os que veñan estará dispostos a tapar o furado.

 

O VISITADOR

O VISITADOR

  Como naquela novela de PANTALEON Y LAS VISITODORAS, Floriano fai de visitador dos baróns peperros pra que traten de arrabuñar votos, ante o  mal que pintan as enquisas.    O primeiro en visitar, como non podía ser doutra maneira, foi Feijoo, que ten controlado ó sector da fariña, pero que a escala nacional non son determinantes, pero todo suma

PRESIOEIRO

PRESIOEIRO

 

  O goberno do PP. Preso das eléctricas, vai levar España á escuridade da idade Media. Impide que a batería de Tesla para fogares entre en España. Pois ben: o que en EUA e en Europa vai ser  realidade pra evita-las abultadadas facturas da luz,  en España,  O Goberno e a FAES de Aznar, opóñense,  pretendendo dificultar a comercialización, gravando o proceso. O Goberno, de Rajoy e Soria, planea facer pagar aos usuarios por cada quilovatio hora que xeren -ollo, non que consuman- e vertan á rede eléctrica

UN 152%

UN 152%

  O incremento da débeda galega dende o 2008 a hoxe é pavoroso. Con este sistema pódense baixar impostos. As débedas xa as pagaran os que veñan detrás. Non importa que deixe un país con un futuro negro. Sigamos baixando impostos e incrementando a débeda. O fin de contas os gobernados son ignorantes nas finanzas e o que queren oír e que lles baixan os impostos, aínda que todo sexa mentira.  

 

VAN A POR ELES

 A declaración dos  EEUU de que Venezuela é un perigo pro país é algo mais que unha broma, é unha ofensa mais a humanidade. Dende que os EEUU é nación solo viviron 26 anos en paz, o resto foi un guerrear permanente.  Sostivo guerras en tódolos continentes, derrocaron reximines democráticos, sostiveron ditaduras crueis, arrasaron países, causaron miles de mortos. Agora queren sementa-la morte no seu patio traseiro. Venezuela solo é un episodio e un engado, eles quere domina-lo continente enteiro; que non se lle desmanden Arxentina e Brasil. 

 

A CONSEGUIDORA

A CONSEGUIDORA

 A irmán de Feijoo, figura como directiva de EULEN, unha empresa, que non solo se distingue por  ser a adxudicataria, a dedo, de bens e de un gran número de contratos da Xunta, con un único límite, a capacidade de dixerilos, senón que se soben os directivos un 40% o soldo, mentres lles baixan o soldo ós traballadores. Sen dúbida que este estilo de xestión, espolio, fai necesario que os saquemos a votos do goberno  

SEMPRE QUEDA ALGUÉN

SEMPRE QUEDA ALGUÉN

 

   O afundimento dos que financiaban o PPg,  non será óbice pra que atopen outros que poñan os cartos, porque a cambio recibirá favores. De vello sempre houbo unha alianza entre a dereita e certos poderes e, aínda que moitos se tenta a roupa antes de meterse en aventuras político-financeiras de resultados incertos, están os profesionais das subvencións e os de diñeiro doado. Os rendimentos da inversión son arriscados, pero moi elevados 

ANIVERSARIO DUNHA TRAXEDIA

 

    Tres días antes do atentado do 11 M, o goberno foi alertado da inminencia dun ataque islamista en represalia pola participación na guerra de Iraq. Sorprende,  que o goberno non se puxera as pilas pra evitar, na medida do posible, o atentado,  senón a actitude teimada do PP en atribui-lo atentado a ETA e culpar a oposición de complicidade no atentado.  Dende Nerón, ningún gobernante lanzara, a sabendas, unha mentira tan  grande. Solo nos queda pensar que si naquelo, tan evidente, mentiron tanto, noutros casos toda a súa acción de comunicación foi un esperpento de mentiras. Aquela longa e insitente campaña intentando nega-la verdade acrecentou mais a dor das vítimas e a sensación de desamparo do pobo, que viu que o único importante pro PP era o engano do electorado; así fixo co espolio do patrimonio, entregando a riqueza do país os seus amigos e faiagora cunha invisible recuperación . Daquela aprendeu o PP que non se debe deixar rasquizo algún pra que descubran a verdade por algún medio de comunicación, ou profesional independente, de aí,  que hoxe o contjrolen todo. Tamén como no 36, a airexa, con Rouco á cabeza, participou na campaña de engano

 

 

OCULTABAN

OCULTABAN

 

   Case 800 funcionarios e políticos pasaron desapercibidos enmascarados con nunha amnistía fiscal do goberno do PP. Da a impresión de que esa era unha das razóns fundamentais do goberno; conceder unha amnistía que ocultara o fraude de políticos e altos funcionarios                                                                                                       

ESFORZO PUB LICO

ESFORZO PUB LICO

 

 Durante o  Bipartido fíxose un gran esforzó inversor en residencias da Terceira Idade; coa chegada de Feijoo á  Xunta  cede as 50 residencias sociosanitarias públicas, coa súa dotación correspondente, ao fondo de investimento Magnum, por un prezo simbólico . A súa xestión recae en Eulen, empresa na que figuraba como apoderada a irmá do presidente galego.

 

O DI O BOE

O DI O BOE

 

  Deus existe segundo o BOE. O contido da asignatura choca co contido de outras áreas, que dan solucións radicalmente distintas ás que se recollen nos testos de relixión. A relixión que se impartirá,  ab abandona a teoría da evolución e proclama o creacionismo. A católica, nin sequera o resto do cristianismo ten cabida. A católica é a auténtica é a auténtica. O código canónico será superior ó CP. Trátase de crear fanáticos, non persoas informadas, e menos, tolerantes. Torquemada xa non será solo historia. A estes descerebrados hai que barrelos a votos, sacalos do goberno e do país, que sexan un mal recordo como o de Torquemada, xa levan feito moito dano ó país

 

EXTRAVAGANCIA

EXTRAVAGANCIA

 

  Durante os paseos e trotes que Rajoy daba o Carón da súa residencia de vacacións en Ribadumia, púxose de manifesto as extravagancias circenses e a pompa que rodeaba os paseos e trotes simulados. Sabido é que Rajoy non é partidario deses exercicios físicos. Todo se montaba pra facerse o reportaxe de prensa. Hasta aí todo normal; pois aínda que non son obrigatorios eses exercicios, pra reportaxes de prensa quedan ben. Nembargantes, o mais salientable era o circo que os paseos comportaban. Unha cuadrilla de operarios, contratados pola Deputación de Pontevedra, limpaban, e mesmo varrían, o carreiro por onde pasaba o líder. Agora, coa creba de PESCANOVA.  co calote que lle deron ós empresarios cos apoiaban,facendo que inverteran en NOVACAIXA GALICIA, pra logo Madrid reglalarlla ós venezolanos,  terán que confiar en que o Presidente da Deputación de Pontevedra sexa un bo conseguidor 

 

 

 

PAUS NAS RODAS

PAUS NAS RODAS

 

 Os xulgados  que instrúen causas de corrupción do PPg prívaselles de persoal pra face-lo traballo. Non hai presa, nin interés en que se resolva o asunto, mentres se presenta como unha opción política fiable e estable.A realidade contradí o discurso, pero a semente está votada, e xerminará nos corazóns dos desposuídos, dos ignorates e, por suposto das sabandixas que viven do poder  

 

CO ALENTO NA CALUGA

CO ALENTO NA CALUGA

   Aznar sente o alento da xustiza na caluga; por iso non me estraña que diga que se queira ir a vivir fora España. As privatizacións, o despilfarro,  a colocación de amigos nas empresas públicas as  que logo arruinaron, os contratos sospeitosos, a financiación do partido, os sobres, etc. Votarlle a culpa  a Zapatero xa non chega.                                                                                   

VECIÑOS

VECIÑOS

 

 Un economista, asesor do Ministro de Finanzas   grego, filtrou a unha revista a escenificación das reunións na EU co asunto grego. Parece que había dous bandos; uns partidarios de ser mais comprensivos co goberno grego, e unha dura, encabezada por Alemaña co apoio entuiasta de España e Portugal, que temen reveses electorais.  O goberno portugués comezou a pagar parte da súa débeda coa troika nun contexto no cal a situación do pobo é cada vez máis precaria debido ao alto desemprego e a débeda pública. A pesar da devolución anticipada de 17.000 millóns de euros por parte do estado ó Fondo Monetario Internacional (FMI), os últimos datos expostos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que Portugal retrocedeu unha década en materia de pobreza, unha de cada cinco persoas vive na miseria, o que representa dous millóns. En España, con un alto índice de paro e subemprego, xa hai 13 millóns de pobres e a débeda pública é alarmante. Os nosos problemas empezan a nacer, hai que devolve-lo rescate da banca. Temos moitas cousas en común cos nosos veciños, ademais da pobreza, os nos presidentes antepoñen os seus interereses persoais e de partido, ós do país.

OS DESIDENTES

OS DESIDENTES

 

 

   Un grupo de prestixiosos economistas que escriben en CINCO DIAS e EXPANSION, que participan tamén en debates na TV, trae dos nervios ó goberno. Desmenten as cifras económicas do goberno e negan a saída da crise. O goberno intenta silencialos por tódolos medios, presionando ós medios e incluso chamándoos ó orde, pero son irredutibles, menos mal que o goberno está ben asesorado.

HAI QUE QUITARLLES O VOTO

HAI QUE QUITARLLES O VOTO

               

  O Bispo de Alcalá é prolixo en ideas. Non teñen porque ser boas, pero é unha fonte inagotable de paridas. Según el hai que quitarlles o voto ás mulleres, ultimamente pensan por si  solas. Tamén ten receitas pra sacar a homosexualidade. E pra non  ter fillos, mellor usala porta traseira. Solucións pra todo. Rouco no seu pisiño de 400 metro, non regateo nada pra poñelo o seu gusto, que debe ser un gusto caro, xa que lle custou o arranxo 400.000 euros, por suposto sen IVE. Os empregados de Deus non pagan IVE. Cada vez ten menos sentido o da airexa