Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

O ENGADO

 

  Antes non había  diñeiro pra subi-las pensións. A Villalobos e  Fátima bloquearon durante meses unha solución  no pacto de  Toledo. De repente os cartos apareceron e os pensionistas pódenllo agradecer ó PNV, que de repente se esquece dos independentistas cataláns. Nunca o PNV se preocupou do que pasa mais aló dos montes vascos. Algo se esconde do acordo, cecais por medo a CIUDADANOS. O dos pensionistas pode ser solo un emngado

 

O MAIS

O MAIS

 

 

 

 Si pensabamos que co mastergate, Cifuentes tiña o cupo; resulta que aínda había mais. Ese vídeo no que aparece roubando uns botes de crema non supermercado poñen o punto final da carreira. Parece unha broma que uns botes de crema levanten tanta polvoreda nun partido que hai tanos imputados, que nos leva a pensar que no PP ´e normal. Sempre prensein que, de cesala, sería mediante unha patada para arriba. Nos sería de estrañar que salian mais asuntillos

 

A DERIBA

A DERIBA

 

  Montoro, ese escuro personaxe do PP, envolvese na súa capa de personaxe sinistro   e, sen que se saiba a razón, no ve gasto de diñeiro publico no referendum catalán.  Desminte así os informes   da Garda Civil, creando un problemón. De sempre  foi un personaxe raro, pero esta deriva algo esconde, ou empeza a desbarrar

 

PARIU

PARIU

 

 

  Pariu o PP,. Coa axuda do PNV. As negóciacións co  PNV non foron doadas. É un segredo do que costou convencer ó PNV, pero xa Rajoy sacara a chequeira e ofrecéralle 400 millóns de euros, así  de aí pra riba. A criatura, é dicir, os presupostos, mais que un parto é un aborto. Nin son posibles, nin cribles. Pra encomezar o desfase entre ingresos e gastos  é bruital. O PP estima uns ingresos, que solo son estimacións desexables, pero alonxadas da realidade. Os gastos non contemplan o pago da descomunal débeda, nin pensións, nin outros gastos sociais. Haberá recortes, a ver onde

FROITA MADURA

FROITA MADURA

 

  Rajoy non vai cesar a Cifuentes por dúas razóns; por unha parte o seu xeito de actuar que consiste en deixar que as cousas se resolvan por si solas co tempo,  Isto recórdame un consello dun vello funcionario que dicía que había que facer dous montóns cos expedientes; nun montón os que non tiñan solución, noutro aqueles que  se solucionaban por si solos co paso do tempo. Doutra banda hai que recortar que Cifuentres estibo na dirección  PP dende que rematou a carreira, é coñecedora  de tódolos trapos sucios do PP, evidentemente é un perigo. Carece de importancia  como conseguiu a praza na Universidade, ou os chanchullos do marido.   

 

O ESMAGADOR

 

 

 

EEUU lanza un ataque contra Siria, alegando atacar dúas fábricas de produtos;  o certo é que non foi ,mais que unha escusa pra intentar xustificar ese acto criminal. Centos de vítimas civís; un laboratorio  farmacéutico destruído, así como outras infraestruturas son o balancee deste acto  criminal, que non tapa a propaganda  que os EEUU fai   

 

A SANTA CAMPÑA

 

 

 

PODEMOS parece a  SANTA CAMPAÑA. Unha procesión que vaga se rumbo, nin concerto, e  cada un polo seu lado. Ó singular caso  de  Santiago, a situación de inseguridade en Madrid, fai  barruntar unha caída de PODEMOS

 

UN MARTÍNEZ

 

 

  Algún partido non ten un Martinez como o alcalde de Becerr6eá ¸ porque solo premiei o aplauso o normal é que haxa caudillos que queira destacar, cousa humanamente comprensible, pero un exceso de personalismo pode ser un problema Martinez cando se levanta, mírase o espello, e di, foder que guapo son, dáse uns bico, e ale á guerra. por desgraza hai moitos Martinez

 

POR MENOS

POR MENOS

 

  Por menos  escándalo que o master de  Cifuentes noutro país habería dimisións e carcel. A falsificación de documento é  delito, así de simple. Logo por qué non hai nade preso. Por qué Cifuentes insiste en mentir; porque non ten outra saída, xa que é o mellor que sabe facer e descoñece a ética. Por qué o PP apoia, porque está cheos de  merda e o pánico a perder Madrid tenos paralizados porque sabe cousas da casa. Ese é o prestixio que temos ante o mundo. O pas mais corrupto

SEN ESTADO

SEN ESTADO

 

  O Neoliberalismo concibe o Estado solo como un poder, sen a función social. O PP  persegue este obxectivo, e dende o 2010 reduciu o gasto social un 40%, o que a CIUDADANOS aínda lle parece pouco. As partidas mais afectadas son sanidade, educación e dependencia. Con este sistema., aínda teñen  cara de pedirlle ós socialistas que apoien os orzamentos, un partido que, teoricamente, é de esquerdas. A solución, sacan de chequera e ofrécenlle ó PNV 400 millóns de euros. O PNV non necesita os cartos e fase de rogar

CULPABLE

CULPABLE

 

Cifuentes fixo o  master. O culpable de que non apareza é  o can. Iso ó ,menos, e o que se deduce das cumpridas e confusas explicacións. Tamén parece claro que si  quere un título universitario hai que estudar  ou afiliarse ó PP. Ciudadanos quere unha comisión de investigación, e dicir, enguuedella-lo asunto pra non prexudica-la  fábrica de títulos; eles tamén a usaran 

 

Lavapies é zona de  guerra;.- Os residentes viven acojonados..O que  pode marcha  do barrio. Os inmigrantes campan, ameazan e intimidan. O goberno ten motivos pra expulsalos, pero non quere-         

AS DIFERENZAS MEDRAN

 

  A detención de Puigdemont parecía que lle ía a evitar a Rajoy a semana de paixón e que resucitaría como o líder carismático do PP. Pero sempre  hai alguén disposto a fode-la festa; as enquisas apuntan a unha fuxida de votos, un 30%, a Ciudadanos, que pasaría a se-la primeira forza. Curioso que 600.000 son pensionistas; fuxen do lume pra morrer queimados

ORGULLOSO

ORGULLOSO

 

 

  Pedro traballa 12 horas na empresa, cotizan por el seis horas, cobra ó mes 800 euros. Cando soubo da detencion de Puigdemon, sentiuse orgulloso de ser español. Antes era con Venezuela, pero agora é con Cataluña; mentres estamos pendentes do que pasa alí, mentres quítannos as pensións, a sanidade, a educación, os servizos sociais, etc. deixan a España desolada  e todo polo ben noso.    

E PREOCUPANTE

 

 

  A unha propietaria de MALLORCA detena a policía por votar uns ocupas do seu piso. En Aragón dan pisos dos desafiuzamentos ós inmigrantes. Unha  Universidade  é unha tómbola de títulos. Dez inmigrantes violan a tres rapazas. A policía de Madrid acosada polos manteros

AS REDES ESTÁN TRISTES

AS REDES ESTÁN TRISTES

 

   A Villalobos xa non xoga na rede, a idade non perdoa, agora séntase, toda esbaldroada,  no seu asento do Congreso, e dorme,  de cando en vez fai algún xesto obsceno pra demostrar que está viva, pero a súa estrela aínda non ser apagou. O PP quere durmir as reivindicación dos pensionistas, e pra iso  conta con Celia

O ASALTO

O ASALTO

 

  A Chegada gloriosa de Feijóo ó poder trouxo unha auténtica avalancha de medidas pra repartirse todo o que supuxese negocio. Un dos repartos nos que mais xente Saíu beneficiada foi a Sanidade, dende remover postos de LD pra substituí-los por afíns ó PP, colocar persoal a dedo, privatizar áreas de negocio e desprestixia-la Sanidade Pública. A aprobación das áreas sanitarias é a separación do gran da palla, pra facilita-las privatizacións  

O ASALTO

 

  A Chegada gloriosa de Feijóo ó poder trouxo unha auténtica avalancha de medidas pra repartirse todo o que supuxese negocio. Un dos repartos nos que mais xente Saíu beneficiada foi a Sanidade, dende remover postos de LD pra substituí-los por afíns ó PP, colocar persoal a dedo, privatizar áreas de negocio e desprestixia-la Sanidade Pública  

UNHA PROMESA

UNHA PROMESA

;

 

  Rajoy comparece no Congreso forzado pola oposición pra falar das pensións. A súa comparecencia é un alarde de cinismo difícil de igualar. As súas palabras vacuas están dirixidas a uns votantes fieis, a aqueles masocas que naceron pra que os maltraten e os que non lles importa o futuro das pensións, porque eles xogan noutra división; no PP sábeno, saben que dos 9.000.000 de pensionistas, un 40% vanos votar, fagan o que fagan. Rajoy apela á herdade recibida, pero oculta que fúndeo a ucha das pensións, o rescate bancario e o subemprego. Cos mesmos mantras de sempre, fan augurar un negro futuro, porque os futuros pensionistas non son conscientes do que lles agarda no paraíso pintado por Rajoy         

 

NON ATOPO

NON ATOPO

 

 

  Esa fenda salarial,, esa discriminación parece unha escusa pra provocar un enfrontamento entre homes e mulleres. Certo que  hai salarios e condicións de traballo insoportables, como é o caso dos que traballan na hostaleira, pero curiosamente iso parece non importar; o que si destacou, aínda que fora unha minoría, é un enfrontamento de sexos, berraban contra dos homes, cando os homes tamén son vítimas. Eu quero tamén a igualdade, non os privilexios, cando unha muller está non posto, que sexa porque valer, non porque sexa unha muller